Vive a maxia do Nadal con Jorge Blass

O mismísimo David Copperfield dixo del que eleva a maxia a outro nivel. Tras abrariar ao público en escenarios de todo o mundo, o ilusionista e comunicador madrileño Jorge Blass será este ano o encargado de acender o noso Nadal máis máxico. O 24 de novembro, o que fose mago de Disney Channel durante catro tempadas e gañador de premios como a “Variña Máxica de Ouro” (1999) en Montecarlo e o “Sarmoti Award” (2000) nas Vegas, acompañaranos nun dos momentos máis emocionantes do ano: o aceso da iluminación do Nadal.

Será unha tarde moi especial na que daremos a benvida ao Nadal cun show cheo de sorpresas e trucos que non esqueceredes. Ademais, 10 de vós poderedes gozar dun pase privado nun meet & greet que celebraremos xusto despois da cerimonia. Para optar a este premio, a partir do próximo luns, 14 de novembro, teredes que contarnos cal foi o voso momento máis máxico. Podedes participar a través de Facebook (pincha aquí) ou a través de Twitter, enviando o voso tuit co hashtag #MarinedaEnciendeLaNavidad. Entre todos os que participedes, elixiremos por sorteo a 10 gañadores que poderán acceder ao meet & greet cun acompañante.

Queremos que a maxia do Nadal chegue a todos os recunchos. E como non hai Nadal sen agasallos, repartiremos premios entre todos os asistentes: para conseguilos, só hai dous requisitos: estar en Marineda City e ter a nosa app instalada no móbil. Durante o evento recibirás unha notificación cun código e só terás que achegarte, a partir do día seguinte, ao punto de información para comprobar se está premiado. Se aínda non a tes, descárgaa gratis aquí se o teu teléfono é Android ou aquí se é un Iphone.

Con este acto, comezará unha programación de Nadal cunha chea de actividades e na que os peques terán especial protagonismo. Xa desde o día 24 poderedes vir pasalo en grande a nosa xa tradicional pista de xeo, que, como novidade, a partir do 5 de decembro estará acompañada dun mercado do Nadal. Tamén teremos un divertido labirinto na Praza Elíptica e, como todos os anos, visitarannos Papá Noel, o carteiro Real e os Reis Meigos, que estarán encantados de recoller as peticións de péquelos. E o 6 de decembro, celebramos unha festa infantil no club kids de entrada libre e gratuíta con agasallos e un taller de maquillaxe do Nadal.

Se che gusta a maxia, non podes faltar!