Chega a gran festa familiar da bicicleta

Un ano máis, Decathlon organiza Decabike, unha marcha ciclista pola Coruña que reunirá a pequenos e grandes nesta gran festa da bicicleta. Trátase dun evento para toda a familia que ten como obxectivo promover a vida saudable, preservar o medio ambiente e unir a todos os amantes do ciclismo para fomentar o uso da bicicleta.

A cita: o domingo 21 de maio, a partir das 10h da mañá. Serán 7 quilómetros de percorrido pola cidade, con inicio e final no Obelisco para gozar xuntos deste deporte. Podes inscribirte na tenda Decahtlon de Marineda City ou de forma online a través deste enlace.

Ademais, ao finalizar a ruta, poderedes gozar de diferentes actividades deportivas e talleres (masterclass de zumba, partidos de fútbol e baloncesto, circuíto de habilidades en bicicleta…) Non esquezas a túa bici e o teu casco e ven a gozar dunha mañá chea de deporte!