Featured Video Play Icon
 

Consigue una beca para o Campus de Verán de Líbolis

Na nosa aposta polo talento e a creatividade, financiamos dúas bolsas para o III Campus Laboratorio de Ideas de Libolis, que se celebra do 17 ao 28 de xullo na Coruña.

Trátase dun campamento de verán no que os nenos de 7 a 15 anos aprenderán a ser emprendedores, a desenvolver o razoamento científico e a traballar en equipo. A oratoria e a comunicación audiovisual son outros dos aspectos nos que traballarán os pequenos, sempre co xogo e a imaxinación como motores de aprendizaxe. Ademais, haberá actividades deportivas e experiencias persoais de adultos en diferentes campos que transmitirán a importancia de valores como o esforzo, a iniciativa ou a perseveranza.

Se podes imaxinalo, podes facelo

Ademais, nesta edición, propoñeremos aos pequenos creadores que resolvan por equipos catro retos tecnolóxicos. O 27 de xullo terá lugar a gran gala final na que se expoñerán os proxectos dos participantes e na que estaremos presentes como parte do xurado.

Como optar ás bolsas

Para optar ás dúas becas que ofrecemos, as familias deberán presentar as súas candidaturas antes do 15 de xuño de 2017 nas que, ademais da documentación necesaria, deberán aportar un debuxo ou calquera outro soporte audiovisual (escaneado ou foto) realizado polo participante (nena ou neno) sobre un invento que solucione un problema ou que xere unha nova necesidade en calquera ámbito ou sector (medio ambiente, social, tecnolóxico, empresarial, educativo… Premiarase a creatividade e a innovación da proposta.

Podedes consultar os requisitos e toda a documentación necesaria facendo click neste enlace.