Hombres G en Marineda City: todo o que necesitas saber

A praza exterior de Marineda City acollerá o próximo 6 de xullo un concerto gratuíto do emblemático grupo madrileño Hombres G. Será, ademais, un recital solidario no que recadaremos fondos para dúas entidades de acción social da cidade: Cruz Vermella e o Banco de Alimentos. ¡Consigue a túa pulseira solidaria e colabora!

  • Como chego a Marineda City? Marineda City está situado na Coruña, na estrada que une a cidade coa localidade veciña de Arteixo (Estrada de Baños de Arteixo). Neste enlace atoparedes as indicacións para chegar tanto en coche como en transporte público (liña 11 do autobús urbano). Ademais, con motivo do concerto, o concello prolonga hoxe o servizo da liña 11 ata as 12 da noite, desde Marineda e ata a Praza de Pontevedra. Haberá buses cunha frecuencia de 15 minutos.
  • Haberá sitio para aparcar? Marineda City conta con 6.000 prazas de aparcamento, pero, debido á alta afluencia que se espera, recomendámosche na medida do posible utilizar o transporte público ou vir en coche compartido. Ten en conta que o concerto coincide coa apertura da cadea Leroy Merlin, polo que esperamos unha alta ocupación do parking. No caso de que decidas vir en coche, bótalle unha ollada a esta información sobre os cambios que levamos a cabo recentemente no mesmo: así che será máis fácil moverte polo interior e lembrar onde deixaches o coche.
  • É necesario presentar algunha entrada? O concerto, que comezará ás 21h, é gratuito e non será necesario presentar ningunha entrada. Canto antes chegues, mellor sitio terás para ver o concerto.
  • Onde será exactamente o concerto? Na praza exterior de Marineda City, á que poderedes acceder tanto desde o exterior como desde o interior do centro comercial. O escenario estará situado entre Ikea e o acceso peonil.
  • Como fago o meu donativo? Busca os stands solidarios entre as 17h e as 22h. Haberá un no interior do centro e outro no exterior. A cambio do teu donativo económico, recibirás unha pulseira que poderás gardar como recordo desta gran noite.
  • Haberá sitios para comer no concerto? Sí! Unha selección das mellores food trucks nacionais estará en Marineda City do 6 ao 9 de xullo. Ademais, no interior do centro comercial atoparás unha ampla e variada oferta de restauración.
  • Onde durmir? Se vés desde fóra da Coruña, recorda que en Marineda City hai un hotel da cadea Carrís. Podes reservar aquí.