libolis_resolucionbeca

DOUS MOZOS DE 9 E 13 ANOS PARTICIPAN NO CAMPUS DE EXCELENCIA LÍBOLIS CUNHA BOLSA DE MARINEDA CITY

26 de Decembro de 2016

Hoxe comeza o Campus de Nadal Laboratorio de Ideas, un proxecto de Libolis Pequenos Emprendedores que ten como obxectivo fomentar o emprendimiento en nenos e nenas e potenciar habilidades como a creatividade, a comunicación, a toma de decisións, a negociación ou o traballo en equipo e estimular o pensamento científico.

Desde Marineda City quixemos contribuír a esta iniciativa financiado a matrícula de dous participantes cunha bolsa: para lograla, debían presentar dúas propostas sobre un invento que solucionase un problema ou crease unha necesidade.

De entre as moitas e fantásticas propostas recibidas, as seleccionadas foron as presentadas Josu Álvarez, de 13 anos, que deseñou un sistema de intermitencia para bicicletas; e Lucas Rei, de 9 anos, coa súa “Pista Patiman: monopatines de imanes”

Grazas a todos os que participastes e parabéns aos seleccionados!