IMG-20170717-WA0027

Este verán, o deporte é protagonista en Marineda City

20 de Xullo de 2017

Durante os meses de xullo e agosto poderás gozar na praza exterior do noso skimpark e a pista multisport, na que poderás practicar o teu deporte favorito. Pero isto non é todo: cada semana celebraremos un torneo dedicado a un deporte diferente no que nenos e nenas poderán demostrar a súa habilidade, pasar un rato divertido e gañar premios como balóns de baloncesto e fútbol, tarxetas regalo de Marineda…

¡Toma nota das próximas citas!

  • 21 de xullo. Torneo de tiros libres. De 19h a 21h. Actividade dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
  • 28 de xullo. Torneo de tiros a porta. De 19h a 21h. Actividade dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
  • 4 de agosto. Torneo de voleibol praia. Actividade dirixida aos traballadores do centro comercial.
  • 11 de agosto. III Torneo Skimboard Marineda Decathlon. De 17.30h a 21h.
  • Do 16 ao 18 de agosto. Torneo de fútbol 3×3. De 18h a 21h. Actividade dirixida a nenos de 8 a 12 anos.

Podeste apuntar a calquera destas actividades, que contan coa colaboración de Decathlon e IKEA, a través do correo electrónico informacion@marinedacity.com, o teléfono 881 888 888 ou nos puntos de información do centro ata media hora antes da súa celebración, excepto no caso do Torneo de Skimboard, que será ata ás 14h do venres 11 de agosto.

Ademais, invitámosvos vir descubrir a nosa nova zona de moda e deportes na planta 1, na que atoparás marcas punteras como Coolligan, Carnterbury, Oteros, Urban Jungle…

Ven vivir o noso verán máis deportivo!