Faite coa bolsa Marineda para cursar deseño de moda

Amas a moda e queres dedicarte a ela? Pois, non o dubides máis e solicita xa a bolsa que Marineda concede para realizar o primero curso dos Estudos superiores de deseño de moda da escola FormArte e que cubrirá a totalidade dos gastos académicos (matrícula e mensualidades). Esta iniciativa, que se enmarca no programa Marineda College, supón un paso máis no compromiso de Marineda coa formación e na súa aposta por fomentar o talento e a creatividade.

A escola de moda FormArte

FormArte é unha escola de moda situada na Coruña que nace co obxectivo de formar aos futuros profesionais da industria da moda e a imaxe. O director da escola, Fernando Suárez, é, ademais, o persoal shopper de Marineda City. Os Estudos superiores de diseño de moda comprenden un ciclo de tres cursos académicos cunha completa programación orientada á estimulación da cultura visual, creativa, resolutiva e responsable, aportando coñecementos e técnicas en deseño, tendencias, ilustración, patronaxe e confección.

Cómo solicitar a bolsa

É moi sinxelo. Para poder solicitar a bolsa, é necesario ter entre 18 e 35 anos, estar empadroado na provincia da Coruña, ter o título de Bacherelato, Ciclo Medio ou Superior, e enviar a documentación, ata o 21 de xullo, a [email protected]. Ademais, a escola FormArte realizará tres probas (sobre ilustración, deseño e cultura) e unha entrevista persoal a cada candidato. As probas levaranse a cabo no propio centro de estudos o 21 de xullo, de 10 a 13h. Podedes consultar os requisitos e toda a documentación necesaria premendo neste enlace.

Desfile da primeira promoción

Ademais, tamén colaboraremos con FormArte no desfile de moda que realizarán os alumnos da primeira promoción dos Estudos superiores de deseño de moda e que terá lugar o vindeiro mércores 5 de xullo, ás 19.30 horas, na Institución Benéfica Padre Rubinos.