Piezas_NUEVOHORARIO_2016 MARINEDA kids club LIVING

Formar parte do club máis aventureiro xa é posible en Marineda Kids

28 de Abril de 2016

O Club Marineda Kids é un espazo único pensado para os pequenos da casa, con talleres, festas e actividades especiais.

Cunha renovada zona infantil na planta 2 estreamos un club cheo de vantaxes no que todos sábados e domingos, entre as 17.30h a 20h, os nenos a partir de 5 anos poderán participar en divertidos talleres, festas temáticas e unha chea de actividades especiais.

Facerse socio é moi sinxelo: só é necesario encher a ficha de inscrición que vos podedes descargar aquí ou solicitar no propio club. Unha vez realizada a inscrición, nun prazo aproximado dunha semana, entregarémosvos un carné súper molón co que os peques poderán acceder a todas as actividades.

¡Visítanos no barco pirata de planta 2 e faite socio! Espérante moitas sorpresas