Marineda concederá dúas bolsas para participar nun Campus de Emprendimento

Este mes de decembro celebrarase na Coruña o II Campus de Excelencia Laboratorio de Ideas, organizado por Líbolis Pequenos Emprendedores, que ten como obxectivo fomentar o emprendimiento en nenos e nenas, potenciar habilidades como a creatividade, a comunicación, a toma de decisións, a negociación ou o traballo en equipo, e estimular o pensamento científico.

No marco da nosa aposta polo talento e a creatividade, en Marineda City quixemos contribuír a este proxecto financiando dúas bolsas para participar neste encontro: así o centro farase cargo do importe total da matrícula do campus dos dous nenos de entre 7 e 15 anos que presenten as dúas propostas máis creativas e innovadoras. Para poder acceder a estas dúas bolsas é necesario enviar a documentación ata o 14 de decembro, a [email protected]. As bases da convocatoria pódense consultar neste enlace e a folla de inscripción aquí.

O Campus de Excelencia Laboratorio de Ideas, dirixido a nenos de entre 7 e 15 anos, terá lugar en Expocoruña do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro en horario de 8:30 a 14:30. Neste campus de Nadal búscase desenvolver a creatividade, a imaxinación e o talento en nenos e nenas, inculcándolles o valor do emprendimiento, reforzando a súa iniciativa, a curiosidade por innovar e a aprendizaxe a través dos erros, e estimulando o razoamento científico en materias como ciencias, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas. Os nenos participarán de forma activa na creación do seu propio proxecto tecnolóxico, que exporán ao final do campus.

Esta acción supón un paso máis no compromiso de Marineda City coa formación, que se materializa no programa Marineda College, no marco do cal leváronse a accións como un ciclo sobre comunicación e redes sociais, ou encontros profesionais como o I Xornada de Arquitectura Retail, na que se analizaron as últimas tendencias dentro de sector da arquitectura, o retail e o interiorismo comercial, ou o I Xornada Galicia Fashion Law, que achegou á Coruña a algúns dos máis reputados expertos nos aspectos xurídicos implicados na moda e o deseño.