A Marineda City en familia

Prazas de aparcamiento especiais para familias, préstamo de sillitas ou mochilas portabebés? Se vés vernos con nenos, descubre todos os servizos que temos para vós.

  • Prazas para familias. No noso parking atoparás prazas de aparcamento para que poidas aparcar cómodamente o teu coche familiar. ¡Busca o sinal azul no parking!
  • Pulseira de seguridade. Queremos que vos sintades cómodos e seguros, por iso, dispoñemos de pulseiras de seguridade para nenos. ¡Pídenolas no punto de información!
  • Préstamo de cadeiras ou mochilas portabebés. O peque cansou de camiñar? Non te preocupes: achégate ao punto de información e prestámosche unha cadeira ou unha mochila portabebés para que poidades continuar percorrendo Marineda City cómodamente.
  • Aseos exclusivos. En Marineda City os nenos teñen aseos exclusivos para eles. Tamén poñemos á vosa disposición salas de lactancia e cambiadores.
  • Club infantil. Na planta 2 atoparás unha zona reservada para nenos, cun barco pirata e un tobogán súper divertido. Ademais, todos os sábados e domingos pola tarde o noso club kids énchese de actividade con divertidos talleres, festas e xincanas. ¡Consulta a programación na axenda!
  • Salón de peiteado para peques. Fan Look é o salón de peiteado infantil de Marineda City, cunha zona pensada para que o pasen xenial mentres lles fan os estilismos máis molóns. Tamén hai dun área xuvenil para mozos con tablets individuais para navegar, xogar e chatear cos amigos. E por suposto, servizo tamén para mamás e papás.

En Marineda tes ademais unha gran oferta de lecer e moda exclusiva para eles. E pronto estrearemos novos servizos pensados para os que vides vernos en familia.