Nova zona de moda e deporte en Marineda

Amantes da moda e o deporte, Marineda fixo o voso soño realidade: xa está aberta unha nova zona de 3.500 metros cuadrados que reúne no mesmo espazo a marcas internacionais, nacionais e locais especializadas en moda deportiva, ademais dun ximnasio, e que xera un centenar de novos empregos.

A nova zona de moda e deporte de Marineda atópase na primeira planta, situada entre Zara e o Corte Inglés. Nela, poderedes gozar de marcas como Coolligan, Oteros sneakers for all, Sprinter, Canterbury e Urban Jungle, a Deportienda, que se traslada para sumarse a este novo concepto destinado exclusivamente ao mundo do deporte, e y Vivexperience, que ofrece intensas experiencias de realidade virtual. Ademais, moi pronto incorporarase a esta oferta Fimsbury e o ximnasio Rock Gym. Para celebralo os nosos establecementos contan con interesantes promocións que non vos podedes perder.

Pero a nova zona de deporte de Marineda no só é un espazo de moda, é moito máis, xa que contará cunha programación permanente de eventos e emisión de programas deportivos. A súa decoración tamén é especial, xa que dispón de videomarcadores e unha espectacular escultura. Creada polo estudo de arquitectura Broadway Malyan, representa a un xogador de fútbol de 4,80 metros de altura e 360 kg. de peso que está suspendido e foi realizada con 3.960 pelotas de tenis reglamentarias ensambladas entre si con cable de acero galvanizado.
Non perdades de vir! Esperámosvos!