Sumámonos ao reto de moda: non perdas o Marineda’s Bottle Challenge

O xogo que arrasa nas rúas de todo o mundo chámase Bottle Flip Challenge e consiste en tirar unha botella de auga mediada e lograr que caia de pé. Parece doado, pero trátase de todo un desafío que xa atrapou a miles de mozos: un xiro de boneca perfecto, a forza adecuada e un pouco de sorte son as claves para triunfar. E se ademais consegues xiros e figuras antes da aterraxe, mellor que mellor.

En Marineda City sumámonos ao reto de moda co Marineda’s Bottle Challenge: do 29 de marzo ao 1 de abril, organizamos un torneo no que poderás demostrar a túa habilidade e gañar unha tarxeta regalo de ¡300€!

Para te facer co premio, terás que superar as diferentes probas do circuíto e lograr as mellores puntuaciones chegar á batalla final, que terá lugar o sábado 1 de abril.

Participar é moi sinxelo: só tes que te inscribir no stand de reto que estará situado na praza Elíptica presentando tickets de compras realizadas en locais do centro entre o 15 de marzo e o 1 de abril cuxo importe sexa igual ou superior a 10€ (nun ou varios tickets).

Así que xa sabes: se es un crack facendo virar a botella, ¡non perdas noso reto!

Bases no enlace