AVISO LEGAL

En cumprimento do establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSICE), infórmase dos seguintes aspectos legais:

Identificación da web: www.marinedacity.es
Responsable da web: Comunidade de Propietarios Centro Comercial Marineda City.
Enderezo: Estrada Baños de Arteixo n.º 43, 15008 A Coruña.
Correo electrónico de contacto: info@marinedacity.com
Tel.: 881 888 888
Datos fiscais: H70297205

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DA PÁXINA WEB

1. - Consideracións Previas

As presentes condicións legais regulan o uso legal permitido desta Páxina web, cuxo responsable legal é a Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Marineda City, en diante MARINEDA CITY. Estas condicións xerais regulan o acceso e a utilización que a titular da web pon gratuitamente a disposición dos usuarios da Internet. O acceso a esta implica a súa aceptación sen reservas. O mero uso da web, así como solicitar información ou emitir un pedido, supón a aceptación plena das presentes condicións.

2. - Uso da Páxina web

O usuario obrígase a usar a web, os Servizos e os Contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de: suprimir, eludir ou manipular o "copyright" e demais datos identificativos dos dereitos dos seus titulares incorporados aos Contidos, así como os dispositivos técnicos de protección, ou calquera mecanismo de información que puidesen conter os Contidos.

3. - Propiedade intelectual e industrial

Os textos, imaxes, logos, signos distintivos, sons, animacións, vídeos, código fonte e demais contidos incluídos neste Sitio web son propiedade de MARINEDA CITY, ou esta dispón, se é o caso, do dereito de uso e explotación deles e, en tal sentido, eríxense como obras protexidas pola lexislación de propiedade intelectual e industrial vixente.

Queda expresamente prohibida calquera transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento, total ou parcial, dos contidos almacenados nesta web, agás previo e expreso consentimento do titular. Non obstante, os usuarios poderán levar a cabo a reprodución ou o almacenamento dos contidos do Sitio web para o seu exclusivo uso persoal, quedando expresa e terminantemente prohibida a reprodución de elementos ou contidos deste Sitio web con ánimo de lucro ou fins comerciais.

4. - Condicións de acceso

www.marinedacity.es resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na Web, da configuración e presentación desta, das condicións de acceso, das condicións de contratación, etc. Polo tanto, o USUARIO deberá acceder a versións actualizadas da Páxina.

A empresa responsable da Web non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á Páxina ou ao seu contido, nin que esta estea actualizada ou libre de virus e de calquera outro elemento que poida producir alteracións no seu sistema informático. MARINEDA CITY declina calquera responsabilidade contractual ou extracontractual coa persoa ou empresa que faga uso dela e tivese prexuízos de calquera natureza ocasionados por virus informáticos ou por elementos informáticos de calquera índole.

O titular da Web non responderá de ningunha consecuencia, dano ou perda que puidese derivarse do uso non consentido da información contida nela ou dos derivados dos servizos, opinións e consellos incluídos na nosa Páxina web.

5. - Responsabilidade por ligazóns

A empresa responsable da Páxina web declina calquera responsabilidade polos servizos e/ou a información que se preste noutras páxinas enlazadas con esta Web. MARINEDA CITY non controla nin exerce ningún tipo de supervisión cando inclúe a ligazón a estas coa crenza de que estes contidos acatan a lexislación aplicable. Non obstante, a utilización de ligazóns a outras páxinas non supón en modo ningún responsabilización nin apropiación do contido destas, sen que se poida entender que se produce algún labor de supervisión ou a aprobación dos cambios ou informacións que se realicen nelas. Aconsellámoslles aos seus visitantes que actúen con prudencia e que consulten as eventuais condicións legais que se expoñan nas ditas webs.

6. - Lugar do contrato e foro aplicable

Esta Páxina web réxese pola lexislación española e, daquela, está sometida aos Xulgados e Tribunais españois. Para a resolución de calquera tipo de controversia, se o demandante é un consumidor, as partes someteranse aos Xulgados e Tribunais da súa cidade de residencia. Nos demais supostos, as partes someteranse aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña (España).