Torneo 3x3 de fútbol

Torneo 3x3 de fútbol

Do 16 ao 18 de agosto, entre as 18 ás 21h, celebramos o Torneo 3x3 de fútbol na pista multisport da praza exterior. Está dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Para participar é necesario inscribirse enviando un correo a informacion@marinedacity.com, nos puntos de información do centro comercial ou chamando ao teléfono 881 888 888. Os gañadores levarán entradas para o primeiro partido de liga, Depor-Madrid, que se celebrará  o 20 de agosto no estadio de Riazor.

Consulta as bases no enlace.

Deporte Do 16 ao 18 de agosto de 18 a 21 horas Praza exterior 881 888 888