16 millóns de visitas ao ano

Cunha media de 16 millóns de visitantes ao ano, Marineda City consolidouse como o centro comercial de referencia en Galicia e no noroeste peninsular. Preto de 200 tendas e marcas como Ikea, Decathlon, Media Markt, El Corte Inglés, Hipercor, Leroy Merlin ou Primark convérteno nun polo de atracción comercial e turística cunha oferta atractiva e diferenciada. Marineda City ofrécelle ao visitante unha experiencia singular e completa que suma ao shopping variadas propostas de lecer e restauración.

Responsabilidade social corporativa

Marineda City pretende contribuír á mellora da sociedade na súa área de influencia. Con este fin, desenvolveu diversos programas destinados a promover o emprego e a formación, como os cursos de orientación ao emprego en colaboración con ADECCO ou o programa Marineda College. Así mesmo, cede gratuitamente un espazo no centro para que entidades de acción social poidan levar a cabo labores de concienciación. Ten tamén un servizo de alugamento de scooters eléctricas para persoas con mobilidade e outro servizo de recollida de roupa usada para a ONG Humana.

Visitas guiadas

Marineda City organiza visitas guiadas para grupos que queiran descubrir da man dos nosos profesionais o funcionamento e o día a día do centro comercial meirande de Galicia. Se pertences a unha asociación, empresa ou centro formativo, escríbenos a info@marinedacity.com ou chámanos ao 881 888 888 e informarémoste de todos os detalles.