POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. - Titular do ficheiro

O titular legal desta páxina web e, polo tanto, dos ficheiros con datos de carácter persoal nos que se incluirán os datos recollidos e tratados dende esta páxina web é A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY, en diante CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY, con domicilio de contacto sito en Estrada Baños de Arteixo. n.º 43, Centro Comercial Marineda City, 15008 A Coruña.

2. - Datos recollidos

Pódese visitar a páxina web www.marinedacity.es sen necesidade de facilitar ningún dato de carácter persoal. Con todo, existen diversos formularios de contacto onde se recollen datos de carácter persoal. CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY unicamente recolle os datos persoais que resultan necesarios para facilitarlle a información ou os servizos solicitados.

3. - Utilización e finalidade dos datos recollidos

En www.marinedacity.es recóllense datos de carácter persoal coa seguintes finalidades:

  • Envío de información: a información introducida nos formularios de contacto empregarase para facilitarlle a información que nos solicite sobre o CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY, as súas actividades e promocións e as dos negocios instalados no centro comercial.
  • Alugamento de locais ou zonas comúns: os datos persoais que nos facilite coa finalidade de solicitar información acerca do alugamento de locais ou zonas comúns no centro comercial será almacenada nos nosos ficheiros coa finalidade de mantelo informado sobre a dispoñibilidade e as condicións contractuais para o arrendamento de locais de negocio e zonas comúns.
  • Envío do boletín de noticias: os datos subministrados nos formularios de subscrición ao noso boletín de noticias empregaranse para enviarlle información por vía electrónica sobre as ofertas, promocións e eventos do centro comercial.
  • Concursos ou promocións: os datos de carácter persoal que se recollan tanto a través da páxina web www.marinedacity.es como a través das páxinas, contas ou perfís de usuario que manteña o CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY nas diferentes redes sociais (p. ex. www.facebook.com) empregaranse para xestionar a súa participación no concurso ou na promoción en que participe, así como para facilitarlle información sobre as novidades do centro comercial.
  • Redes sociais: os datos de carácter persoal que nos facilite a través das nosas páxinas, sitios web, contas ou perfís de usuario en redes sociais (Facebook, Twitter, etc.) incorporaranse aos nosos ficheiros coa finalidade de utilización dentro das mencionadas redes sociais e para mantelo informado dos nosos eventos, ofertas e promocións.
  • Aplicacións móbiles os datos de carácter persoal que nos facilite a través das nosas aplicacións móbiles incorporaranse aos nosos ficheiros coa finalidade de enviarlle información por vía postal e electrónica sobre o CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY, as súas actividades e promocións e as dos negocios instalados no centro comercial.

4. - Revelación de datos persoais a terceiros

Está prevista a comunicación a terceiros dos datos persoais que nos proporcione nos seguintes supostos:

  • Nos casos en que unha norma legal así o estableza (administracións públicas, autoridades administrativas ou xudiciais, etc.).
  • Cando nos solicite información sobre calquera dos comercios instalados no noso centro comercial, procederemos a reenviarlle a dita solicitude ao comercio afectado.
  • Se participa en concursos ou promocións organizados polo CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY, informámolo de que, ademais das cesións de datos que se estipulen nas bases de cada promoción ou concurso, a súa participación en calquera deles implica a autorización para a comunicación pública dos seus datos persoais (nome, apelido e fotografía) na nosa páxina web ou nos perfís de usuarios das redes sociais como gañadores e/ou participantes das ditas promocións.

5. - Exercicio de dereitos

Poderá exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío da solicitude de exercicio correspondente xunto con copia do documento oficial que o identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) ao enderezo de correo electrónico info@marinedacity.com ou persoalmente nas oficinas do Centro Comercial Marineda City situadas en Estrada Baños de Arteixo, n.º 43, Centro Comercial Marineda City, 15008 A Coruña.

Marineda City APP

Coa instalación desta aplicación vostede manifesta que está capacitado legalmente e, en especial, que non é menor de idade.

Queremos mellorar os nosos servizos e ofrecerlle unha experiencia aínda máis personalizada; para iso instalamos tecnoloxía que é quen de captar o seu dispositivo móbil neste establecemento.

Mediante a instalación desta aplicación en ningún caso se captará información diferente da situación do dispositivo e do uso dos diferentes menús/opcións de forma totalmente anónima.

No caso de que non desexe que o seu dispositivo sexa captado, pedímoslle que se conecte dende o seu dispositivo ao punto de acceso wifi denominado OPTOUT e que siga as instrucións que aparecen ao navegar pola internet ata a URL: www.siketing.com