Buscas un local?

Tes unha idea de negocio? Buscas o espazo perfecto para desenvolveres a túa actividade comercial? Queres rexentar un establecemento segundo un modelo de franquía? Marineda City ofréceche a posibilidade de estar no centro comercial de referencia, cunha media de 15 millóns de visitantes ao ano e con marcas punteiras que o converten nun polo de atracción comercial. Ponte en contacto connosco a través do correo electrónico info@marinedacity.com ou no teléfono 881 888 888 e o noso equipo comercial axudarache a atopar a opción que mellor se axuste ás túas necesidades.

Se precisas máis información podes descargarche aquí o dossier completo.

Buscas un espazo temporal?

Se o que necesitas é instalar o teu punto de venda por un tempo determinado ou establecerte temporalmente para dares a coñecer o teu produto ou servizo, en Marineda City tamén podemos axudarche. Tendas efémeras, food trucks... explora as novas posibilidades de negocio e ponte en contacto co noso equipo comercial no correo zonascomunes@marinedacity.com

Ou descárgache aquí o noso dossier.

Queres realizar un evento ou promoción?

Leva a cabo o teu evento ou a túa promoción nun grande escaparate polo que pasan acotío miles de persoas. Contacta connosco en marketing@marinedacity.com e axudarémosche a definir a túa acción e o espazo que máis se axusta ao que queres levar a cabo. Ademais, contarás co apoio do noso equipo de márketing para darlle visibilidade á túa acción.