POP UP MARINEDA CITY

POP UP MARINEDA CITY

¿Tes unha idea de negocio? ¿Acabas de lanzar un novo produto e queres dalo a coñecer? ¿Es o propietario dunha pequena tenda e queres ampliar os teus horizontes? ¿Necesitas un escaparate para as túas creacións? Se respondiches que si a algunha destas preguntas, segue lendo: temos o espazo perfecto para ti.

A POP UP Store de Marineda é un novo proxecto que ten como obxectivo apoiar a xoves empresarios, Startups, Pymes, emprendedores locales, deseñadores, creadores ou artesáns,  poñendo a disposición de marcas emerxentes un espazo de alquiler temporal e adaptable ás túas necesidades, que che permitirá comercializar produtos, presentar servizos, desenvolver eventos ou expoñer as túas creacións.

O local atópase ubicado na Praza Elíptica de Planta 0. Trátase dunha zona privilexiada e de alto tránsito de clientes, ao lado de firmas como Zara, Oysho, Shana ou El Corte Inglés.

Un espazo multidisciplinar, singular, modulable e totalmente acondicionado para poder configuralo de forma óptima segundo a actividade. Dentro dos múltiples servizos que o espazo Pop Up de Marineda pon a túa disposición, atópanse entre outros: mobiliario decorativo e de exposición, suministro eléctrico, red wifi propia, iluminación técnica, fío musical, pantalla led, almacén interior con elementos de soporte, probadores acondicionados, etc.

Ademáis, como apoio á túa actividade e de forma coordinada, encargámonos de deseñar e implementar unha Estratexia de Comunicación On-Off line consistente na creación de diversas pezas gráficas para colocación e emisión en diversos soportes físicos de Marineda, publicación de entradas anunciando a chegada da marca á Pop Up no blog, axenda web e canles sociais de Marineda City, así como o envío a medios de comunicación dunha nota de prensa con información relevante acerca do teu negocio e os seus produtos.

Se crees que pode encaixar co teu negocio, non dudes en escribirnos a zonascomunes@marinedacity.com ou chamarnos ao 881 888 888. Escoitaremos as túas necesidades e proporcionarémosche toda a información que podas necesitar. Ademáis, neste enlace podes descargarte un dossier con información ampliada do espazo.

¡Ti pos a idea, nós encargámonos do resto!

Especializadas Planta 0 881 888 888 zonascomunes@marinedacity.com
VER NO PLANO