Tendas
Lecer/Restauración
Cine
Promocións
Axenda
Blog
Mapas
Horarios
Servizos
O centro
Acerca de Marineda City
O teu negocio aquí
Como chegar?
Compromiso
Sostibilidade
Contacto



ES GL
GL



AVISO LEGAL CENTRO COMERCIAL

1. Obxecto

No presente aviso legal establécense as condicións polas que se rexe o uso da páxina web da que é titular independente o centro comercial identificado na táboa anexa no apartado «Información xeral» deste aviso legal. Tamén o uso dos servizos ofrecidos a través dela, con independencia de cal sexa o aplicativo, medio dixital, soporte ou dispositivo a través do que se poida acceder.

Este Aviso Legal foi configurado como un documento marco que aplica ao uso das citadas páxinas web e aos distintos servizos ofrecidos a través de cada unha delas. Con todo, debe terse en conta que non todas elas ofrecen os mesmos servizos e contidos nin dispoñen das mesmas funcionalidades, polo que este Aviso será aplicable en función das concretas funcionalidades de cada páxina e dos servizos e contidos ofrecidos a través das mesmas, así como da interacción que o Usuario teña co Centro Comercial.

Por favor, lea atentamente o aviso legal, así como a política de privacidade e a política de cookies, antes de usar a páxina web.

2. Información xeral

INFORMACIÓN XERAL: TITULAR PÁXINA WEB
Centro Comercial Datos Contacto Dominio Páxina Web

C.C.MARINEDA CITY

Comunidad de propietarios del complejo comercial Marineda city

CIF: H-70297205.

Domicilio social: Estrada Baños de Arteixo, nº 43, 15008, A Coruña.

Enderezo: info@marinedacity.com

Teléfono: +34 881 88 88 88

https://marinedacity.com/

C.C.ARENAS

Varitelia distribuciones S.L.

CIF: B-85019636

Domicilio social: Pº de la Castellana 257. 28046 Madrid

Datos DPD: protecciondedatos@merlinprop.com

Teléfono: 932890244

http://www.arenasdebarcelona.com/

C.C.VILAMARINA

Merlin Properties Socimi S.A.

CIF: A-86977790

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 257, planta 3ª, 28046 Madrid

Datos DPD: protecciondedatos@merlinprop.com

Teléfono: 936476776

https://www.ccvilamarina.es/

C.C. ARTEA

Comunidad de propietarios del centro comercial Artea

CIF: H-48982680

Domicilio social: Barrio Peruri 33, 48940 Leioa (Bizkaia)

Enderezo: clientes@arteanet.com

Teléfono: 944912706

http://www.arteanet.com/

C.C. SALER

Comunidad de Propietarios del centro comercial Saler.

CIF: H-96485180

Domicilio social: Avenida del Profesor López Piñero, 16 46013 Valencia.

Enderezo: ccelsaler@elsaler.com

Teléfono: 963957012

http://www.ccsaler.com

C.C. LA VITAL

Comunidad de propietarios del centro comercial y de ocio La Vital.

CIF: H-97726947

Domicilio social: Avenida de La Vital, nº 10, 46701, Gandía (Valencia).

Enderezo: infoclientes@lavital.es

Teléfono: 962881070

http://www.lavital.es/

C.C. FACTORY BONAIRE

Merlin Properties Socimi S.A.

CIF: A-86977790

Domicilio social: Paseo de la Castellana 257, planta 3, 28046 Madrid

Datos DPD: protecciondedatos@merlinprop.com

Teléfono: 961579485

https://www.factorybonaire.com/

C.C. PORTO PI

Comunidad de Propietarios Centro Comercial Porto Pi Centro.

CIF: H-07710742

Domicilio social: AVDA. Gabriel Roca 54, 07015, Palma, (Mallorca)

Enderezo: info@portopicentro.es

Teléfono: 971701500

http://www.portopicentro.es/

C.C. LARIOS CENTRO

Comunidad de propietarios C.C. Larios Centro.

CIF: H-29773264

Domicilio social: Avda. de la Aurora, 25, 29002, Málaga

Enderezo: info@larioscentro.com

Teléfono: 952369393

http://www.larioscentro.com/

C.C.TRES AGUAS

Paseo comercial Carlos III S.A.

CIF: A-82062894

Domicilio social: Av. San Martín de Valdeiglesias, 20, 28922, Alcorcón, Madrid

Enderezo: gerencia@tresaguas.com

Teléfono: 917615924

http://www.tresaguas.com/

http://www.tresaguas.es/

C.C.ARTURO SORIA

Comunidad restringida de propietarios del centro comercial Arturo Soria Plaza.

CIF: H-79318325

Domicilio social: C/ Arturo Soria 126, 28043, Madrid

Enderezo: gerencia@arturosoriaplaza.es

Teléfono: 917599718

http://www.arturosoriaplaza.es/

C.C ALMADA FORUM

Forum Almada – Gestão de Centro Comercial, Sociedade Unipessoal, Lda.

TAX: 505 025 400

Domicilio social: Rua Braamcamp, n.º 2, 2º piso, 1250-050 Lisboa

Enderezo: geral@almadaforum.com

Teléfono: +351 212 509 900

http://www.almadaforum.com/

Referencias neste aviso legal:

    Centro comercial: En diante utilizarase o termo “Centro Comercial” para facer referencia, de maneira individual, ao Centro Comercial concreto, de entre os identificados na anterior táboa, que sexa titular do dominio da páxina Web que o Usuario estea a visitar ao acceder ao presente aviso legal.

    Páxina web: fai referencia, en xeral, a calquera das Páxinas web incluídas na táboa anterior.

O acceso, navegación e uso da páxina web leva consigo e supón que o usuario acepta o presente aviso legal (en diante, «aviso legal»). Neste sentido, entenderase por usuario a persoa que acceda, navegue, utilice ou participe nos servizos e actividades, gratuítas ou onerosas, ofrecidas a través da páxina web.

Se os usuarios desexan contactar co Centro Comercial para calquera dúbida ou incidencia, poden facelo a través do enderezo de correo electrónico ou do número de teléfono indicado na táboa de información xeral, de balde e en horario laboral.

3. Acceso á web

O acceso á páxina web será libre e de balde (salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado polo usuario) para todos os seus usuarios.

Con todo, determinados servizos e/ou contidos ofrecidos polo Centro Comercial ou terceiros a través da páxina web poden estar suxeitos á reserva e/ou contratación previa do servizo e/ou contido e ao pagamento dunha cantidade de diñeiro. Nestes casos, seguirase o que se determine nas correspondentes condicións particulares, que se poñerán á disposición do usuario de forma previa, facilmente accesible e clara.

Queda prohibido que os menores de idade accedan á páxina web, salvo que conten coa autorización previa e expresa dos seus pais, titores ou representantes legais, os cales serán considerados como responsables dos actos que leven a cabo os menores ao seu cargo, conforme a normativa vixente. En todo caso, presumirase que o acceso, uso e navegación realizado por un menor se realizou con autorización previa e expresa dos seus pais, titores ou representantes legais.

4. Establecemento de ligazóns coa páxina web

Queda prohibido o establecemento de ligazóns de hipertexto (en diante, «ligazón») con destino á páxina web, agás que estas fosen previamente autorizadas polo Centro Comercial. En calquera caso, unha vez que o Centro Comercial autorice unha ligazón, esta deberá establecerse nos termos indicados para ese efecto polo Centro Comercial.

De todos os xeitos, infórmanse os usuarios de que o feito doutros sitios webs e/ou aplicacións incluíren ligazóns á páxina web non implica que o Centro Comercial manteña vínculos ou asociación de ningunha clase co titular da web e/ou aplicación web na que se estableza a ligazón, nin que o Centro Comercial promova, avale, garanta ou recomende os contidos das devanditas webs e/ou aplicacións.

5. Servizos de terceiros

O Centro Comercial poderá habilitar espazos dentro da páxina web para que terceiras entidades publiciten ou presten os seus propios servizos (en diante, «servizos de terceiros»). Nestes casos, infórmanse os usuarios de que o Centro Comercial non participa na contratación nin prestación dos servizos de terceiros polo que non se fai responsable deles, nin das súas condicións, prestacións, contido e/ou calidade. Neste sentido, infórmanse os usuarios de que os servizos de terceiros están suxeitos aos seus propios textos legais e poden requirir, para acceder a eles, de que o usuario formalice o correspondente procedemento de rexistro (en calquera caso, para evitar confusións, informarase o usuario no momento da contratación dos servizos de terceiros). Consecuentemente, será responsabilidade exclusiva dos citados terceiros a prestación dos servizos que o usuario contrate con eles e a relación derivada da devandita contratación.

O acceso aos servizos de terceiros a través da páxina web é libre e voluntario para os usuarios; xa que logo, no caso de que os usuarios tomen a decisión de acceder a estes, estarano facendo baixo a súa exclusiva responsabilidade. O Centro Comercial informa unicamente sobre os servizos de terceiros ofrecidos a través da páxina web e, polo tanto, non asume ningún tipo de responsabilidade polos danos e/ou perdas que puidesen serlles provocados aos usuarios como consecuencia do uso dos devanditos servizos. Para estes efectos, o usuario exonera o Centro Comercial de calquera responsabilidade derivada do uso ou contratación dos servizos de terceiros.

Sen prexuízo do anterior, o Centro Comercial manifesta e garante que esixe contractualmente que os terceiros prestadores de servizos que ofrecen os seus servizos a través da páxina web cumpran coa normativa vixente, prestando especial atención á normativa actual ou futura que afecte á súa actividade.

Os servizos de terceiros poden variar en función dos acordos alcanzados polo Centro Comercial. Ademais, están suxeitos aos termos do acordo alcanzado entre o Centro Comercial e o terceiro, polo que poden cambiar en calquera momento. O Centro Comercial poderá excluír da súa páxina web a posibilidade de contratar os servizos de terceiros por calquera circunstancia e en calquera momento sen necesidade de informar os usuarios.

6. Sitios webs enlazados

Pola súa banda, esta páxina web pode incluír ligazóns cara a outras aplicacións e/ou sitios web propias ou de terceiros, mesmo integradas na páxina web. Cada usuario recoñece que o Centro Comercial non ten ningunha responsabilidade sobre o contido, produtos ou servizos dispoñibles ou accesibles a partir desas aplicacións e/ou sitios web cando estes non sexan propios do Centro Comercial.

En ningún caso a existencia de integracións ou ligazóns cara a outros sitios web e/ou aplicacións propias ou de terceiros comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade do Centro Comercial coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través destes. En consecuencia, o Centro Comercial non se fai responsable do contido, produtos ou servizos dispoñibles neses sitios web e/ou aplicacións ou a partir destes, nin das súas condicións de uso e políticas de privacidade, é o usuario o único responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda a eles e os use.

7. Propiedade Intelectual e Industrial

Todos os dereitos de autor, marcas comerciais, patentes e o resto de dereitos de propiedade intelectual e industrial referentes ao material ou contido —incluído software, datos, información, texto, fotografías, música, son, vídeos, gráficos, logotipos, símbolos, traballos artísticos e calquera outro tipo de material ou imaxes publicadas na páxina web e/ou necesarias para o correcto funcionamento e xestión desta— son propiedade do Centro Comercial ou cedéronselle baixo licenza mediante os dereitos de autor(es) para o seu uso. Xa que logo, o seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida, salvo que medie autorización expresa por escrito do Centro Comercial.

No caso de que o usuario envíe información de calquera tipo ao Centro Comercial a través da páxina web, mediante as canles dispostas para tal fin na propia páxina, este declara, garante e acepta que ten dereito a facelo libremente, que esta información non infrinxe ningún dereito de propiedade intelectual, de marca, de patente, segredo comercial ou calquera outro dereito de terceiro, que esta información non ten carácter confidencial e que non é prexudicial para terceiros.

A este respecto, o usuario recoñece que asume a responsabilidade e deixará indemne o Centro Comercial por calquera comunicación que subministre persoalmente ou ao seu nome. Esta responsabilidade acada, sen restrición ningunha, a súa exactitude, legalidade, orixinalidade e titularidade.

E

n todo caso, o Centro Comercial declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio puidese estar a violalos, por favor, póñase en contacto co Centro Comercial no enderezo de e-mail que consta na táboa adxunta na apartado “Información xeral” do presente Aviso Legal.

8. Protección de datos

Os datos persoais dos usuarios serán tratados polo Centro Comercial de acordo coa súa política de privacidade e política de cookies, dispoñible en Política de Privacidade y en Política de Cookies

9. Responsabilidade dos usuarios

O usuario recoñece e acepta que o acceso, navegación e uso da páxina web ten lugar libre e conscientemente, baixo a súa exclusiva responsabilidade. O usuario comprométese a facer un uso adecuado e lícito da páxina web, de conformidade coa lexislación aplicable e co presente aviso legal. En consecuencia, o usuario declara que manterá indemne o Centro Comercial e asume toda a responsabilidade derivada dos incumprimentos deste aviso legal e, en particular, de calquera dano ocasionado ao Centro Comercial ou terceiros como consecuencia das súas actuacións.

O usuario deberá absterse de (i) facer un uso non autorizado ou fraudulento da páxina web; (ii) acceder ou intentar acceder a recursos restrinxidos da páxina web; (iii) utilizar a páxina web con fins ou efectos ilícitos, ilegais, contrarios ao establecido neste aviso legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar ou sobrecargar ou impedir a normal utilización ou gozo da páxina web; (iv) provocar danos no sitio web ou nos sistemas dos seus provedores, outros usuarios ou de terceiros; (v) introducir ou difundir virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar danos nos sistemas do Centro Comercial, dos seus provedores, doutros usuarios ou de terceiros, (vi) intentar acceder, utilizar e/ou manipular os datos do Centro Comercial, terceiros provedores e/ou outros usuarios; (vii) reproducir, copiar, distribuír, transformar ou modificar os contidos, permitirlles o acceso aos devanditos contidos a terceiros a través de calquera modalidade de comunicación pública, a menos que se conte coa autorización do titular dos dereitos existentes sobre os devanditos contidos ou iso estea legalmente permitido; (viii) obter ou intentar obter os contidos empregando para iso medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, o Centro Comercial puxo á súa disposición para este efecto. O Centro Comercial poñerá en coñecemento das autoridades calquera uso ilexítimo da súa páxina web tan pronto teña coñecemento del.

En todo caso, o Centro Comercial reserva para si o dereito de suspender, modificar, restrinxir ou interromper, xa sexa temporal ou permanentemente, o acceso, navegación, uso, aloxamento e/ou descarga do contido e/ou uso de servizos da páxina web que contraveñan calquera das disposicións detalladas neste aviso legal, con ou sen notificación previa, aos usuarios e sen que medie a posibilidade do usuario de esixir indemnización ningunha por esta causa.

10. Responsabilidade do Centro Comercial

Salvo as responsabilidades que non poidan ser excluídas nin limitadas como consecuencia da normativa aplicable, o Centro Comercial non se fai responsable, directa e indirectamente, das reclamacións efectuadas polos usuarios que teñan causa nalgunha das seguintes circunstancias:

  • Calquera perda de beneficios, vendas, negocio ou ingresos do usuario.
  • A perda de oportunidades de negocio do usuario.
  • Os danos de calquera natureza derivados da suspensión, falta de realización ou defectuosa execución de calquera evento, actividade ou servizos de terceiros ofrecidos a través da páxina web.
  • Os danos de calquera natureza que puidesen serlles ocasionados aos usuarios pola súa participación en calquera evento, actividade ou servizo de terceiros ofrecidos a través da páxina web.
  • Os danos causados polos problemas de acceso a Internet máis aló da xestión dilixente e razoable do titular da páxina web.
  • As accións ou omisións de terceiros.
  • Os danos ocasionados por erros na información subministrada polo usuario.

Así mesmo, o Centro Comercial non se fai responsable: (i) da continuidade dos contidos da páxina web; (ii) da ausencia de erros nos devanditos contidos cando estes sexan de terceiros; (iii) da ausencia de virus e/ou demais compoñentes daniños na páxina web ou no servidor que a subministra; (iv) da invulnerabilidade da páxina web e/ou da imposibilidade de vulnerar as medidas de seguridade que se adopten nesta ; (v) da falta de utilidade ou rendemento dos contidos da páxina web; e (vi) dos danos ou perdas que cause, a si mesmo ou a un terceiro, calquera persoa que infrinxise as condicións, normas e instrucións que o Centro Comercial establece na páxina web ou a través da vulneración dos sistemas de seguridade desta.

Igualmente, O Centro Comercial tampouco será responsable en caso de indispoñibilidade dos servizos ofrecidos a través da páxina web aos usuarios cando iso se deba a causas de forza maior, roubo ou perda, ou erro nos datos facilitados polos usuarios.

Sen prexuízo do anterior, o Centro Comercial declara que adoptou todas as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e do estado da técnica, para garantir o funcionamento da páxina web e reducir ao mínimo os erros do sistema, tanto desde o punto de vista técnico como dos contidos publicados.

O Centro Comercial garante que os contidos, datos ou informacións relativos aos servizos propios ofrecidos na páxina web son fiables, veraces e exactos. Con todo, o Centro Comercial non se fará responsable daqueles contidos, datos ou informacións ofrecidos nos servizos de terceiros, que se regularán de conformidade cos seus propios textos legais.

11. Modificación do aviso legal

O Centro Comercial reserva para si o dereito de levar a cabo modificacións e/ou actualizacións no presente aviso legal, así como na presentación e/ou configuración da páxina web, das que se informará previamente ao usuario para a súa aceptación ou rexeitamento no caso de resultar substanciais. En calquera caso, considerarase que o usuario acepta expresamente estas modificacións ou actualizacións se realiza un novo acceso, navegación ou uso da páxina web.

No caso de peche ou suspensión da páxina web por causas alleas á actuación do Centro Comercial, e sempre que sexa posible, informarase puntualmente o usuario do traslado do servizo a un novo dominio e as estipulacións deste aviso modificaranse unicamente no relativo ao dominio no que a páxina web permaneza activa.

12. Notificacións

O Centro Comercial poderá realizar as notificacións oportunas relacionadas coa páxina web e o presente aviso legal a través da propia páxina web, así como a través do enderezo de correo electrónico facilitado polo usuario mediante os distintos formularios habilitados na páxina web (contacto, newsletter etc.). O Usuario, á súa vez poderá cursar notificacións ao Centro Comercial a través da dirección de correo electrónico que consta na táboa adxunta na apartado “Información xeral” do presente Aviso Legal.

13. Miscelánea

  • 13.1. Efectividade dos termos de contratación

    O presente aviso legal vincula o Centro Comercial e o usuario desde o mesmo momento da súa aceptación. Calquera cláusula ou disposición deste aviso legal que sexa ou deveña ilegal, inválida ou inesixible será excluída del e será considerada inaplicable no que alcance a tal ilegalidade, invalidez ou inesixibilidade, e será substituída por outra que se asemelle o máis posible á anterior, pero non afectará ou prexudicará as restantes disposicións, as cales quedarán á marxe de calquera cláusula ou disposición ilegal, inválida ou inesixible e permanecerán, pola contra, con plena vixencia e efecto.

  • 13.2. Cesión

    Os usuarios non poderán ceder, traspasar ou subrogar a terceiros nin subcontratar os dereitos e obrigacións derivadas deste aviso legal.

  • 13.3. Renuncia

    A renuncia ou o incumprimento por calquera das partes de exercer en calquera sentido calquera dereito ou disposición deste aviso legal non se considerará unha renuncia ao dereito ou disposición aplicable.

  • 13.4. Forza maior

    O Centro Comercial non se fai responsable por incumprimentos ou atrasos no cumprimento de calquera das súas obrigas cando iso se deba a causas ou eventos de forza maior. Neste sentido, por causa ou evento de forza maior entenderase calquera suceso ou acontecemento que escape ao control razoable do Centro Comercial, incluído, sen limitación ningunha, folgas, peches patronais ou outras medidas reivindicativas por parte de terceiros, disturbios, invasións, ataques ou ameazas terroristas, guerra (declarada ou non) ou ameazas ou preparacións de guerra, incendios, explosións, tormentas, inundacións, terremotos, afundimentos, epidemias ou calquera outra clase de desastre natural; así como o fallo en redes de telecomunicacións públicas ou privadas, ou a imposibilidade de utilizar transportes marítimos, aéreos, motores, ou calquera outro medio de transporte público ou privado.

  • 13.5. Lei e xurisdición aplicable

    Para toda cuestión litixiosa que lle incumba a este aviso legal, será de aplicación a lexislación española e someterase a resolución de todos os conflitos aos xulgados e tribunais que resulten competentes.

© 2021 Centro Comercial. Todos os dereitos reservados.

Última actualización: febreiro 2021

Queres recibir o boletín?

Sé o primeiro en recibir as últimas novas sobre Marineda City

Estrada Baños de Arteixo, nº43. 15008 A Coruña
881 888 888
info@marinedacity.com

Información práctica

Tendas
Lecer/Restauración
Cines
Promocións
Blog
Mapas
Servizos
O centro
Contacto
Google Play
App Store
© 2023 Marineda City

Xestionado por

Aviso legal | Política de privacidade | Política de cookies |