O centro

Un lugar de xuntanza para compartir e gozar

Compromiso Marineda

Marineda City desenvolve un programa de Responsabilidade Social Corporativa, que ten como obxectivo contribuír á mellora social da área de influencia do centro comercial, a través das entidades que traballan para favorecer a persoas en situación de emerxencia ou exclusión social, así como dar visibilidade ás accións de concienciación que realizan as ONG da súa contorna.

Desde a súa inauguración o centro comercial vén colaborando cun gran número de entidades sociais, como a Cociña Económica, Cruz Vermella, Educo, Fundación Meniños, Banco de Alimentos Rías Altas, Asociación Española Contra el Cáncer, Alas Coruña, Fundación Tierra de Hombres e a Asociación Poten100mos, entre outras. Ademais, en 2020 Marineda City centrouse dunha maneira especial nas necesidades sociais derivadas do actual contexto de crise sanitaria para apoiar a colectivos directamente afectados, como as persoas maiores, as familias sen recursos e os nenos.