Un lugar de xuntanza para compartir e gozar
Sobre Marineda City
Cunha media de 17 millóns de visitantes ao ano, Marineda City consolidouse como o centro comercial de referencia en Galicia e o noroeste peninsular.
Situado na Coruña e inaugurado en 2011, Marineda City ofrece ao visitante unha experiencia singular e completa que suma ao shopping variadas propostas de lecer e restauración. Preto de 200 tendas e marcas como Ikea, Decathlon, Media Markt, El Corte Inglés, Hipercor, Leroy Merlin ou Primark convérteno nun polo de atracción comercial e turística cunha oferta atractiva e diferenciada.
O centro comercial conta cunha superficie bruta alquilable de 176.000 m2, distribuída en tres plantas comerciais. Ademais, dispón doutras tres plantas de aparcamento gratuíto cunha capacidade de 6.000 prazas.