DEICHMANN
Moda

DEICHMANN

En Deichmann atoparás calzado para toda a familia, a un prezo irresistible! Descobre a gran selección de zapatos para muller, home e neno, así como unha gran variedade de accesorios. Sempre enfocados ás últimas modas e tendencias, na tenda tamén atoparás calzado de marcas como Adidas, Nike, Puma, Skechers, Fila ou Reebok.

A comodidade é unha das máximas de Deichmann, e iso queda plasmado tamén nas súas tendas, que se caracterizan pola súa ampla superficie onde se expoñen os produtos de forma que o cliente poida ter fácil acceso ás súas diferentes tallas e modelos. Un estilo de compra moito máis cómodo e autónomo, pero tendo sempre o asesoramento ou a axuda do persoal especializado da tenda.

Con máis de 100 anos de historia, Deichmann é líder en distribución de calzado de Europa, onde está presente en máis de 30 países. Sempre caracterizando as súas tendas por ofrecer calzado de calidade, para toda a familia, ao mellor prezo.

Na tenda atoparás o servizo “ Deichmann envíacho” que permite ao cliente pedir un modelo ou talla específica que non atope en tenda para que lle chegue directamente ao domicilio.

Tamén dispón dunha tenda en liña onde atoparás unha selección de tallas XXXL tanto para muller como para home, así como artigos exclusivos, que non che podes perder!

Achégache á tenda Deichmann do centro comercial Marineda City na Coruña e descobre todas as nosas novidades en calzado e accesorios!



Localización

Planta 0

Ver nos mapas

Descarga a app de Marineda

Unha app pensada para aqueles que non se queren perder nada do que ocorre na cidade das compras e que queren gozar ao 100% da experiencia Marineda City.

Máis info