10 cousas que quizais non saibas sobre Star Wars (sen spoilers)

Hai un par de semanas chegou ás salas de cine a esperada estrea do episodio VII de Star Wars, a mítica saga que fixo soñar a miles de nen@s e non tan nen@s. Tanto se xa a viches coma se non (xa estás tardando), seguro que che interesará saber algunhas curiosidades sobre os seus protagonistas, personaxes e tramas.

  • Hoxe en día resulta difícil imaxinar un Han Solo diferente de Harrison Ford, pero esta personaxe tamén tivo outros candidatos. Imaxínaste a Al Pacino pilotando o Falcón Milenario? El foi, xunto con Sylvester Stallone ou Cristopher Walken, outro dos actores que participaron no cásting orixinal.
  • Finalmente interpretada por Carrie Fisher, a princesa Leia tamén tivo moitas pretendentes: Sissy Spacek, Farrah Fawcett, Glenn Close, Jessica Lange, Meryl Streep, Sigourney Weaver, Cybill Shepherd, Jane Seymour, Anjelica Huston, Kim Basinger, Kathleen Turner ou Geena Davis fixeron a audición para o papel.
  • William Katt, que todos lembramos polo seu papel en O grande heroe americano, presentouse para o papel de Luke Skywalker.
  • “Teño un mal presentimento sobre isto”. Se viches os episodios do I ao VI, esta frase hache soar: pronúnciase en todas as entregas.
  • Sabes a qué especie pertence Iodar? Seguro que non: é un dos misterios mellor gardados da saga. Ata hoxe, continúa sendo un misterio.
  • Confesa: algunha vez intentaches imitar a voz de Chewbacca? Ata hai titoriais na Internet! Interesarache saber que o son que emite o emblemático compañeiro de Han Solo é unha mestura de osos, morsas, leóns, teixugos e outros animais.
  • O valor do sabre láser empuñado por Luke na triloxía clásica alcanzou en poxa un prezo próximo aos 200.000 euros. Case nada!
  • A especie de E.T. aparece no universo Star Wars: unha delegación dos ditos alienes están presentes no Senado Galáctico.
  • O comunicador utilizado por Qui-Gon Jinn é en realidade unha máquina de afeitar feminina Gillete Sensor Excel modificada.
  • O peludo malamute de Lucas inspirou algunhas características de Chewbacca. Ao parecer, ao can, chamado Indiana en honra doutra mítica personaxe do director, gustáballe ir de copiloto cando ía en coche.