Roupa molona para ti e o teu mini eu

Divertidas, frescas e con mensaxe! Así son os deseños de Aire Retro, unha marca cántabra que arrasa nas redes sociais e que podedes atopar na nosa tenda Nicler (planta 0 de Marineda City).

Ademais de alegrar o noso armario con prendas diferentes e sorprendentes, os mozos de Aire Retro teñen unha proposta que seguro que vai encantar aos papás e mamás: trátase dos seus deseños personalizados para que ti e o teu mini eu poidades lucir a xogo as camisetas, suadoiros e vestidos máis molones.

E é que si algo diferencia a Aire Retro é a súa personalidade, que, grazas aos debuxos exclusivos de Violeta, creadora da marca, imprime un selo de exclusividad ás súas pezas: “É roupa única, diferente ao que podes atopar nas grandes cadeas”, explica Rosa Marcos, responsable de Nicler.

Con frases como Es rara, sábelo e gústame, Es incrible así como es, A vida é mellor cun pouco de Rock’n Roll ou Rompe as regras e homenaxes a grandes artistas como David Bowie, Aire Retro conquistou a todos… ¡ata a Hello Kitty!, á que atoparedes nunha edición súper limitada e moi coqueta.

¡Que nola quitan das mans!