Cinco propostas para celebrar o Día da Torta de Chocolate

27 de Xaneiro de 2017

Sabías que hoxe se celebra o Día Mundial da Torta de Chocolate? Trátase dunha tradición nacida nos Estados Unidos que pouco a pouco foise extendendo ao resto do mundo. E como calquera excusa é boa para gozar deste delicioso manxar, aquí van algunas propostas para celebralo.

Muerde la Pasta. A Torta di Cioccolato de Muerde la Pasta (Planta 2) é unha aposta segura: torta de chocolate con suave crema e anacos de ¡máis chocolate!

 Torta di Cioccolato de Muerde la Pasta

Vips. Non un, nin dous senón tres chocolates! é a proposta de Vips (planta 2): tres capas de biscoito de chocolate recheo de mousse de chocolate branco, ganache de chocolate con leite e avelás. Coberta con lascas de chocolate branco e avelá caramellizada. Amor.

Trío de chocolate de VIPS

La Piadina. Ademais dunha riquísima torta de dous chocolates, na Piadina Riminese (planta 2) podemos gozar deste oscuro pracer nas mais diversas formas: piadina de nutella con fresas ou plátanos ou piadina de brownie quente e iougur xeado.

Tarta de dos chocolates de La Piadina

Cambalache. En Cambalache (planta 2) propóñennos unha deliciosa torta mousse de chocolate: intenso chocolate transformado nunha lixeira e esponxosa crema sobre base de biscoito.

 

Tarta Mousse de Chocolate de Cambalache

 

Foster’s Hollywood. Biscoito de chocolate recheo de crema de chocolate, coberto con chocolate fondant e bañado en salsa de chocolate e anacos de galleta Chips Ahoy®. A Devils’s Food Cake de Foster’s Holloywood (planta 2) está tan boa que ten que ser pecado.

Devils' Food Cake