2020, un ano marcado pola solidariedade en Marineda City

Desde  Marineda desenvolvemos durante todo o ano un programa de Responsabilidade Social Corporativa co que buscamos poñer o noso graniño de area para mellorar a nosa contorna. A través deste, en 2020 contribuímos con 30.000 euros en programas dirixidos a nenos, maiores e familias en situación de vulnerabilidade. Unha iniciativa que non sería posible sen a vosa colaboración. ❤️

Por un Nadal feliz

É que o pasado Nadal, como non podía ser doutra maneira, puxemos todo o noso empeño en axudar a familias, nenos e maiores en situación de vulnerabilidade. Para que todos puidésemos ter un Nadal feliz.

En 2020 puidemos doar dúas toneladas de alimentos ao banco de Alimentos Rías Altas, que chegaron a moitas das 30.000 persoas en situación de vulnerabilidade da provincia que atende esta entidade.

Xa o maio pasado doaramos nin máis nin menos que sete toneladas de alimentos non perecedoiros a Balrial.

Tamén durante o Nadal pediámosvos que doásedes xoguetes no noso punto de recollida de xoguetes solidario; todos eles foron doados á Cruz Vermella.

Nós encargámonos de duplicar a doazón, achegando agasallos para mozos de entre 10 e 17 anos, como  tablets ou pulseiras de actividade. Xuntos logramos repartir preto de 1.000 agasallos este Nadal, moitas grazas por axudarnos a conseguilo.

Programa de acompañamento virtual a persoas maiores

Tamén a través da Cruz Vermella conseguimos que persoas maiores en situación de soidade puidesen descubrir actividades en liña que ofrece a entidade e ata poidan comunicarse cos seus seres queridos. Para iso, doamos 6.000€ que se destinaron á compra de tablets con acceso a internet.

Estas tablets foron entregadas a persoas maiores que se viron a illadas nestes meses de pandemia, grazas aos desexos que recibidos na nosa Árbore Solidaria dos Desexos que habilitamos nun espazo virtual durante as festas do Nadal.

Punto solidario de Marineda

Xa coñeces o noso punto solidario, que cedemos a diferentes asociacións para que poidan facer eco do seu labor entre os nosos visitantes. O pasado ano, sempre que a situación sanitaria o permitiu, convidamos a asociacións como Alas Coruña, Aldeas Infantiles, Cris Contra el Cáncer ou Unicef, entre outras.

Campaña de doazón de sangue

No mes de xullo acollemos o autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) na praza exterior co fin de contribuír á reactivación da actividade e os hospitais e axudar ao Programa Galego de Transplantes.

Material escolar e tecnoloxía

No verán tamén colaboramos coa Asociación  Meniños, entidade que traballa en favor da infancia e a adolescencia, para conseguir que 160 nenos en situación de dificultade social tivesen acceso a tecnoloxía e material escolar.

Estes meses de colaboración contigo e coas asociacións traducíronse en miles de persoas que puidemos axudar. E esperamos poder seguir facéndoo moito tempo máis!