O roadshow de Marineda City levará premios e sorpresas a toda Galicia

14 de Xullo de 2017

Imos de ruta! Este verán percorreremos toda Galicia cun roadshow no que vos esperan unha chea de premios e sorpresas.

Comezamos esta fin de semana na Praza do Mar de Sanxenxo, onde o noso stand itinerante estará ofrecendo información sobre A Coruña e Marineda City. Se vos achegades por alí entregarémosvos unha tarxeta con descontos especiais só para vós! Ademais, só por presentala no noso punto de información e descargar nosa app móbil, levades un pequeno agasallo…

Pero as sorpresas non acaban aquí: imos sortear dúas tarxetas regalo de 100€ entre todos os que veñades e cubrades un cupón. E só por participar, regalámosvos un balón de praia ou unha shopping bag.

Tras visitar Sanxenxo, seguiremos percorrendo Galicia con paradas en Nigrán, Vilagarcía, Cedeira, Cambados e moitos máis!