Grandes retos para pequenos creadores

Mañá celébrase a gala final do Campus de Verán Líbolis, na que estaremos presentes como xurado e na que coñeceremos as solucións tecnolóxicas dos participantes aos retos propostos por Marineda City

Como sabedes, no marco do noso programa Marineda College, colaboramos co Campus de Verán Líbolis, un campamento que potencia o empredemento, o razoamento científico e o traballo en equipo, financiando dúas bolsas para que dous mozos puidesen asistir de forma gratuita.

Ademais, nesta edición propuxemos que resolvesen por equipos catro retos tecnolóxicos propostos por nós. Queres saber cales son?

  • Deseño dun sistema para xestionar o uso de ascensores do centro, priorizando o acceso de persoas con movilidad reducida ou con carriños de bebé.
  • Creación dun sistema de notificacións de produtos en oferta a través do teléfono móbil.
  • Desenvolvemento dun sistema centralizado de recollida de compras.
  • Realización dun sistema para mellorar a orientación no parking.

Como podedes ver na foto, os pequenos creadores están inmersos en lograr as mellores solucións para os nosos desafíos. E a vós, que vos parecen? Serán capaces de resolvelos? ¡Seguro que si! Mañá, 27 de xullo, terá lugar a gala final na que coñeceremos as solucións dos distintos equipos e na que estaremos presentes como xurado.