Pablosky & Friends súmase á oferta de moda para os máis pequenos

9 de Novembro de 2017

A marca de calzado infantil e xuvenil Pablosky inaugurou o pasado mes de outubro un novo establecemento en Marineda City. Situado no corredor infantil de planta baixa, trátase de Pablosky&Friends, a primeira flagship store da firma en Galicia, que combina calzado e moda cunha colección totalmente innovadora.

A nova tenda inclúe as coleccións de calzado de Pablosky e Paola ademais doutras marcas líderes de moda infantil como Levi´s Kids, 3pommes, Beckaro ou Esprit Kids, que compoñen unha ampla oferta de calzado infantil e xuvenil de calidade para todos os estilos con marcas de moda idóneas para bebé, nena, neno e junior.

Moda para os máis pequenos

Esta nova tenda vén sumarse á oferta para os máis pequenos da casa de Marineda, entre a que se atopan firmas como Gocco, Mayoral, Guapetones ou Bubo; xogueterías como Poly, Imaginarium e Centro Xogo; establecementos de lecer exclusivos para os nenos, como Fan Square; ou o salón de peiteado infantil Fan Look.

E é que en Marineda encántanos que veñades visitarnos cos pequenos, polo que dispoñemos de servizos exclusivos para familias e un club con actividades infantís todos os sábados e domingos pola tarde.