En xullo, Marineda escríbese con M de Muller

13 de Xuño de 2018

Este mes de xullo, as mulleres son as protagonistas en Marineda City. Por iso, este ano, quixemos contar cunha das voces femininas máis queridas do noso país para o noso concerto de verán: a de Rosario Flores. A súa actuación, o xoves 5, ás 21h, será o colofón á semana de actividades Marineda con M de Muller.

Comezaremos o luns 2 de xullo cun programa especial de Voces da Coruña, que se gravará en directo no centro comercial e no que trataremos un tema de actualidade: as influencers. Para falar desta figura, contaremos coa blogger Donkeycool e a actriz Almudena Ripamonti, que protagonizó unha reportaxe para o programa Espello Público de Antena 3 na que se fixo pasar por influencer.

O martes 3 de xullo dedicarémolo ao benestar tanto físico como mental cunha actividade en torno ao ioga e ao pilates: Ivonne Botana, de 939 Studio, ofrecerá unha charla sobre os beneficios desta práctica para a muller e unha clase maxistral. Será na praza elíptica de 17h a 19h. (Prazas limitadas, inscricións no Facebook de 939 Studio a partir do 25 de xuño)

Para o mércores 4 organizamos un reto moi especial co que queremos contribuír a reducir a brecha de xénero na Wikipedia: trátase dun maratón no que propoñemos crear ou completar o maior número de artigos sobre mulleres posible na enciclopedia virtual.

O último día de con #MdeMujer, o 5 de xullo, comezaremos a tarde cun taller merenda en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro e A Piadina, no que a nutricionista María Fernández Álvarez daranos recomendacións sobre alimentación saudable. A cita: de 17h a 19h na Praza Elíptica. (Prazas limitadas, inscricións no Facebook de AECC A Coruña a partir do 25 de xuño)

E como colofón, o concerto de Rosario Flores na praza exterior, onde ademais teremos unha parada de food trucks para comer e tomar algo mentres gozades da garra e enerxía da intérprete de temas tan coñecidos como “Mi gato”, “De mil colores” ou “Como quieres que te quiera?” Os food trucks permanecerán no centro ata o domingo 7 de xullo, no marco do Marineda Fest, no que ademais haberá actividades infantís, djs, showcookings

Ademais, durante a semana do 2 ao 6 de xullo, propoñerémosvos un reto: encher as redes sociais cos nomes e historias das mulleres, coñecidas ou anónimas, ás que admiramos. Así, por cada tuit ou comentario no que nos digades cal é a muller á que máis admirades doaremos 1€ á Asociación Española contra o Cancro. Poderedes participar a través de Twitter, utilizando o hashtag #MdeMuller ou a través deste enlace.