Yves Rocher súmase á oferta de beleza de Marineda City

A oferta de establecementos dedicados á beleza e o coidado persoal de Marineda City continúa crecendo: a última marca en incorporarse foi Yves Rocher, que desde o pasado mes de xuño conta cunha tenda situada na planta 1. Yves Rocher súmase así a outras firmas do sector como Sephora, Arenal, Kiko, Barberías DOM, Cabelos, Centros Único, Khite Styling, Marco Aldany ou Nails Factory.

Yves Rocher é o creador da cosmética vegetal, baseada en décadas de experiencia e un profundo coñecemento da natureza e as plantas. Os seus laboratorios de investigación descobren novos ingredientes a base de plantas para realizar cosméticos altamente efectivos. Coa súa ampla variedade de produtos, cobre todos os aspectos dos coidados de beleza: faciais, anti idade, perfumes, corporais, reductores, capilares, maquillaxe. Na nova tenda de Marineda City tamén atoparedes orixinais ideas de agasallo tanto para home como para muller.

Ven descubrila!