Xiaomi elixe Marineda para abrir a súa primeira tenda en Galicia

13 de Setembro de 2018

A semana pasada démoslle a benvida a unhas das marcas máis esperadas na Coruña: Xiaomi. Desde moi cedo, os Mi Fans fixeron cola para ser os primeiros en coñecer a nova tenda, nunha inauguración cunha chea de agasallos, sorteos e descontos.

A de Marineda City é a primeira Mi Store autorizada de Galicia e nela os fans de Xiaomi atoparán produtos de amplo portfolio da marca, entre eles Redmi 5, Redmi 5 Plus e Redmi Note 5, así como os recentemente chegados Mi A2, Mi A2 Lite, Mi 8, Redmi 6, Redmi 6A e POCOPHONE F1; produtos da gama Mi Ecosystem, dispositivos de audio e outros dispositivos para o fogar intelixente. E para celebrar a súa chegada a Galicia, ata o 30 de setembro de 2018 poderedes facervos co MI MIX 2s cun desconto de 40€.

Con esta nova apertura, que se suma ás incorporaciones de Pomodoro, Luxenter, iRefurb ou Gofre & Rolls, continuamos apostando por ofrecer a oferta de shopping máis exclusiva, con marcas pioneiras que só poderedes astopar en Marineda City.