A firma de xoiería Luxenter chega a Marineda City

O pasado mes de setembro incorporábase á nosa oferta de shopping a firma de xoiería Luxenter, cuxo lema “Xoias para ti” reflexa o espírito desta marca con identidade propia que busca ofrecer xoias persoalizadas para todo tipo de mulleres, con pezas que se adaptan a cada persoa marcadas polo estilo máis actual.

Creada nos anos 70 por Carmen Lizarriturri, Luxenter ten hoxe día máis de 800 puntos de venda en España e arredor de 400 no extranxeiro. No stand da firma na planta 1, atoparedes algunhas das súas coleccións máis emblemáticas, como Happy Gems, que orbita en torno ao poder das pedras como a amatista, o lapislázuli, turquesa, aventurina, ópalo, coral o cuarzo rosa; ou África, que pon a ollada nas oríxes da firma con pezas XXL e materiais como coiro e ágatas que fan relucir o noso lado máis atrevido.

A colección cápsula deseñada por Lara Álvarez, embaixadora da marca, mistura un lado exótico cunha faceta máis romántica e exprésase en xoias con formas de plumas, estrelas e follas.

Momentos para brillarPide un desexoEssentialAtelier ou a proposta para as máis pequenas da casa son outras das liñas que configuran o universo Luxenter, unha marca que mira ao futuro sen deixar atrás as súas oríxes. Ves descubrilo?

Esta nova apertura reforza a ampla oferta de moda e complementos de Marineda City, con máis de medio centenar de establecementos e marcas como ZaraH&MGuessNiclerJack & Jones, HawkersDayaday ou Parfois.