Fun & Friday: que comece o espectáculo!

2 de Outubro de 2018

Un espectáculo baseado nun libro de Manuel María, un percorrido pola historia do hip hop e a proposta musical de Silvia Penide e César de Centi protagonizan a programación de outubro.

Tras un verán cheo de diversión, no que puidemos gozar de artistas como A Gramola Gominola, Pablo Díaz ou Paco Nogueiras, o noso ciclo Fun & Friday regresa con forzas renovadas para traervos as mellores propostas culturais para toda a familia. Danza, teatro, contos, música… que comece o espectáculo!

A programación de outubro arrinca o venres 5 con “O Bigote de Mimí”, baseado no libro homónimo de Manuel María. O venres 19 de outubro será a quenda de Cía Exire, que presenta “Orixe”, un espectáculo de danza dinámico, divertido e didáctico que percorre a historia do hip hop desde os seus inicios en Nova York nos anos 60 ata a actualidade. Silvia Penide e César de Centi chegan a Fun & Friday o 26 de outubro con “A viaxe da palabra que non era valente”, un conto mesturado con cancións de cantautores e cantautoras moi coñecidos no que os máis pequenos da casa descubrirán o valiosas que son as palabras.

Programación outubro

  • 5 de outubro. Luís Valecillo. “O Bigote de Mimí”. 19 h Planta 2
  • 19 de outubro. Cía Exire. “ Orixe”. 19 h. Planta 2
  • 26 de outubro. Silvia Penide e César de Centi. “A viaxe da palabra que non era valente” 19 h. Planta 2