5 álbums ilustrados para unha corentena

Os libros convertéronse en grandes compañeiros de viaxe nesta travesía que nos tocou vivir. Por iso hoxe, no Día Internacional do Libro Infantil, traémosvos cinco álbums ilustrados ideais para falar cos rapaces dalgúns temas de especial relevancia nestes días: os bos hábitos de hixiene, a importancia de respectarnos os uns aos outros ou como lidar cos medos.

  • Lava as mans. Convertido nun bestseller no Reino Unido por obra e graza do coronavirus, este conto de Tony Ross e editado en España por SM é ideal para axudar aos pequenos a entender a importancia duns bos hábitos de hixiene.
  • Quéroche (case sempre). Lolo e Rita son moi distintos entre si e ás veces chocan polas súas diferenzas. Pero o amor que senten o un polo outro lles axudará a respectar as características de cada un. Todo un clásico da literatura infantil perfecto para estes días de intensa convivencia.
  • A montaña de libros máis alta do mundo. Ou como viaxar sen saír de casa. Lucas estaba convencido de que nacera para voar. Despois de tentalo de todas as formas posibles, conseguiuno o día que a súa nai púxolle un libro nas mans.
  • Eu matarei monstros por ti. Este texto de Santi Balmes con ilustracións de Lyona cóntanos que coñecer aos monstros é a mellor maneira de deixar de temelos. Porque, ao final do día, Anitram é Martina ao revés.
  • O dedo no nariz. A Sofía creceulle o nariz! E é que, esta nena non para de meterse o dedo no nariz. Tanto, que o seu dedo fíxose unha verdadeira casa alí dentro: un salón, unha cociña con menú degustación… De novo, os contos veñen na nosa axuda á hora de explicar os bos hábitos aos pequenos da casa.