Featured Video Play Icon
 

O bico: unha primavera con moito amor

Corría o ano 1945 cando o entón presidente dos Estados Unidos, Harry Truman, anunciaba o fin da Segunda Guerra Mundial e centos de persoas celebrábano nas rúas de Nova Iorque. Entre eles, unha enfermeira de 27 anos, Edith Shain, e o mariño George Mendonça, convertidos involuntariamente en protagonistas dunha das fotografías máis famosas da historia.

Setenta e un anos despois, a nosa campaña de primavera recrea a icónica imaxe de Alfred Eisenstaedt. Nesta ocasión a ubicación elixida para o shooting foi a contorna do Obelisco coruñés, escenario de luxo co que de novo apostamos por saír ao exterior para captar o estilo Living Marineda nas rúas galegas.

A campaña, deseñada por Imaxe, contou para o estilismo con Fernando Suárez, director da escola de deseño, ilustración e moda Formarte e do espazo de moda O Vestidor de Marineda City, que se baseou na fotografía do bico para reinventar e actualizar o estilo ´navy` cun toque ´sporty`. O fotógrafo elixido para realizar a campaña foi Jacobo Gayo, xerente da productora fotográfica de moda e publicidade GF Studio e nomeado aos Goya de fotografía en publicidade nos anos 2007, 2011 e 2013.

O coruñés Enrique García, de 32 anos, e Alicia Anta, modelo ponferradina de 27, foron os encargados de poñerse na pel de Edith e George nesta homenaxe que inaugura un novo percorrido por algunhas das escenas que fixeron historia e que ao longo do ano reinterpretaremos en clave “fashion Street style”.

¡Esperamos que vos guste!