7 bicos que fixeron historia

13 de Abril de 2016

Hoxe,  13 de abril, celébrase o Día Internacional do Bico, unha data que conmemora o bico máis longo da historia, que durou máis de 58 horas! Para celebralo, repasamos algúns dos bicos máis famosos do cine, as artes e a televisión. Bícame, bícame moooito!

Corría o ano 1945 e centos de persoas celebraban en Times Square a victoria aliada na II Guerra Mundial. Ese 14 de agosto o fotógrafo Alfred Eisenstaedt recollería unha das fotografías más icónicas da historia, á que rendimos homenaxe na nosa campaña de primavera.

besotimess4

Baixo unha choiva torrencial e con Moon River de fondo, un novo George Peppard (si, anos despois veríamolo como o Hanibal do equipo A) bica a unha enchoupada Audrey Herpburn tras rescatar un gato da rúa en Almorzo con Diamantes. Inesquecible.

besos-de-pelicula-para-recordar-desayuno-con-diamantes

 O bico adúltero de Deborah Kerr e Burt Lancaster abrazados polas olas nuna praia deserta en De aquí á eternidade converteuse nun dos máis emblemáticos da sétima arte. A mítica escena foi recreada en numerosos filmes. Bonus track: imperdible a homenaxe de Shrek y Fiona.

descarga (1)

 O bico é una das obras máis famosas do pintor austríaco Gustav Klimt. Realizada en óleo sobre lenzo, para a súa ornamentación o artista utilizou oro e prata. Segundo os rumores da época, os amantes non son outros que o propio Klimt e a súa parella, a deseñadora de moda Emilie Flöge.

gustav-klimt-the-kiss

 Outra famosísima imaxe, obra do francés Rober Doisneau, viu a luz por encargo da revista Life, que pediu ao fotógrafo unha imaxe que recrease o amor no Paris de posguerra. Doisneau imortalizaría unha parella bicándose apaixoadamente, alleos ao mundo, fronte ao concello de Parides. Anos máis tarde saberíase que a escena non foi espontánea, senón que os protagonistas eran dous actores aos que o autor abordara na rúa.

beso1

Minutos antes de que España enteira saíse celebrar o trunfo da vermella no Mundial do 2010, un emocionado Iker Casillas bicaba ante as cámaras á súa noiva e reporteira de Telecinco Sara Carbonero, regalándonos un dos máis grandes momentazos televisivos de todos os tempos.

1106219

 A maxia do bico foi fonte de inspiración para todas as artes: nas plásticas, e máis en concreto na escultura, esta chegou á súa máxima expresión co bico de Rodin, unha gran peza de mármore na que un home e unha muller fúndense nun apaixonado bico: tanta sensualidade desprende que o autor foi acusado de obsceno polos seus coetáneos.

784_4c572139de5ec5b