Encuentro-Centros-Comerciales
 

A Asociación de Centros Comerciais elixe Marineda para o seu encontro de directores e xerentes

Marineda City foi o lugar elixido este ano pola Asociación de Centros Comerciais para o seu XXIII Encontro de Directores e Xerentes, que se celebra este mércores 27 de abril.

Trátase dunha xornada de formación e networking que ten lugar anualmente en diferentes cidades españolas con centros comerciais de referencia e permite compartir tanto coñecementos e experiencias como outros asuntos de interese xeral como rentabilidad, marketing, distribución comercial, mantemento, seguridade, normativa e lexislación.

O presidente da Asociación Española de Centros e Parques Comerciais, Javier Hortelano, inaugurará esta xornada, que estará conducida por Luís Lázaro, Managing Director Asset Management de Merlin Properties. Baixo o título, “A xestión de centros comerciais: onde se centra o retorno do investimento“, o encontro contará cunha conferencia de Cosme Muñoz, socio director de Ikaria Asesores Empresariais, que falará sobre a análise da conta de resultados; e unha mesa redonda sobre o retorno do investimento en centros comerciais na que participarán Gregg Gilbert, Head of Iberia, Benson Elliot Capital Management; Jesús Silva, Head of Iberia, UBS Global Asset Management; e Ismael Fernández, socio en ASHURST LLP.

O encontro pecharase cunha visita guiada á sede de Inditex en Arteixo e un percorrido por Marineda City da man da súa xerente, Ana López.