MaPremios María Josefa Wonenburger Planells
 

8 de marzo: a nosa contribución á visibilización da muller

Achégase o 8 de marzo e desde Marineda City queremos contribuír a visibilizar o papel das mulleres en todos os ámbitos da sociedade: por iso, ata o 31 de marzo poderás visitar na praza Emilia Pardo Bazán a mostra “Mulleres na ciencia”, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. A mostra está composta por retratos, realizados polo fotógrafo Xurxo Lobato, das mulleres galegas que recibiron Premios María Josefa Wonenburger Planells entre 2007 e 2019.

Así, a través desta mostra os visitantes poden coñecer os logros de María Josefa Wonenburger Planells, a matemática que dá nome ao galardón e que foi unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias; Inmaculada Paz Andrade, catedrática de Física Aplicada; María Teresa Miras Portugal, licenciada en Farmacia; María S. Soengas González, licenciada en Bioloxía Molecular; Carmen Navarro Fernández-Balbuena, que estudou Medicina e Cirurxía e formouse en Neuroloxía na LSU School of Medicine de Nova Orleáns, e en Neuropatoloxía na Born-Bunge Foundation de Amberes e na Wickford (Reino Unido); Ofelia Rey Castelao, licenciada e doutora en Xeografía e Historia e catedrática de Historia Moderna; María Tarsy Carballas Fernández, doutora en Farmacia, licenciada en Química e diplomada en Edafología pola Universidade de Nancy (Francia); María José Alonso, licenciada en Farmacia e catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC; Carmen García Mateo, enxeñeira de Telecomunicación e doutora en Enxeñería de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid; Isabel Aguirre De Úrcola, que foi profesora titular no Departamento de Composición, en Introdución á Arquitectura e Estética; Peregrina Quintela Estévez, licenciada en Matemáticas; Begoña Vila Costas, licenciada en Física coa especialidade de Astrofísica; Alicia Estévez Toranzo, doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia; e Mabel Loza García, catedrática de Farmacoloxía da USC, onde compaxina o labor docente e investigador.

O noso compromiso coa igualdade

Esta mostra é un paso máis no noso compromiso coa igualdade e a visibilización de mulleres pioneras que, en moitos casos, adiantáronse ao seu tempo, como é o caso de Emilia Pardo Bazán, cuxo nome leva a praza na que se sitúa a mostra e en torno a cuxa figura organizamos homenaxes e un premio literario. Estas iniciativas súmanse a outras como M de Muller, na que durante unha semana levamos a cabo actividades centradas no benestar e a saúde feminina.