Adeus Río, Ola Tokyo

Hoxe toca despedirse de Río 2016 coa mirada posta en Tokio 2020, unha edición na que novas disciplinas deportivas terán o seu oco por primeira vez nunhas olimpíadas: o surf, o skate, a escalada deportiva, o kárate e o béisbol.

Tras dúas semanas de emoción, vitorias e imaxes para o recordo, dúas semanas nas que o deporte foi protagonista; nas que vimos aos nosos deportistas sufrir, gozar, chorar, rir, perder e gañar; dúas semanas nas que deportes como o atletismo, o baloncesto, a natación, a vela, a halterofilia, a esgrima, ou o tiro con arco ocuparon portadas, toca volver ao traballo diario no que ti es o protagonista.

E é que tamén o teu esforzo e as túas ganas de superación teñen a súa recompensa e calquera disciplina deportiva ten o seu oco en Marineda City. Sexa cal for o teu deporte, nas nosas tendas atoparás todo o necesario para sacar ao medallista que levas dentro.

Así que: xa sabes!: non deixes que a chama do espírito olímpico se apague e equípate para gañar en Marineda City.