Featured Video Play Icon

Un ano máis é a hora do planeta!

25 de Marzo de 2019

Un ano máis, sumámonos como empresa colaboradora á Hora do Planeta, a maior iniciativa global en defensa do medio: o 30 de marzo, a partir das 20.30h, apagamos a luz polo planeta.

E é que a transición ecolóxica que vivimos é imparable. Por fin, gobernos, cidades, empresas e cidadáns de todo o mundo estanse mobilizando e prodúcense miles de iniciativas en favor do clima e a natureza.

A Hora do Planeta é a maior campaña de mobilización que nos une a todos cun obxectivo común. Doce anos despois, a loita é máis necesaria que nunca, non só para actuar contra o cambio climático, senón tamén para chamar a atención sobre outra grave ameaza: a perda de biodiversidade.

Por iso, este ano, a Hora do Planeta convídanos a ir un paso máis aló e sumarnos a tres retos para concienciar sobre este problema. O próximo 30 de marzo, apaga a luz de 20.30h a 21.30h e únete, durante todo o día, a un ou varios destes retos:

  • #RetoDíaSenCarne: sabías que se necesitan 15.500 litros de auga para producir un quilo de carne?
  • #RetoDíaSenPlástico dun só uso: cada ano, vértense 100 millóns de toneladas de plástico á natureza.
  • #RetoDíaSenEmisións: o transporte urbano é o causante do 30% de todas as emisións de CO2.

O obxectivo: menos carne, menos emisións e menos plástico. Elixe o teu reto, entra en www.horadelplaneta.es e descubre consellos para superalos e comparte as túas fotos nas redes sociais co hashtag correspondente para facer que este movemento chegue a máis e máis xente.

Súmaste?