Aproveita ao máximo a túa visita co servizo Click & Recoge de IKEA A Coruña

Atopar os mellores choios das rebaixas, comprar o disfrace para a festa do Entroido dos cativos, botar unha partida de birlos, facerte un cine, descargar adrenalina nos karts, ir a clases de música e baile, comer nun dos nosos restaurantes…

Estas son apenas algunhas das cousas que podes facer en Marineda City, pero agora, ademais, podes gozar de todo isto mentres fas a compra en IKEA. O que oes! E é que os compañeiros de IKEA Coruña acaban de estrear o novo servizo de Click & Recoge, que che permitirá realizar o teu pedido pola Internet e recollelo comodamente na tenda.

Como funciona?

  1. Crea a túa lista da compra. Navega por IKEA.es e engade os produtos que queiras á túa lista da compra.
  2. Envía a túa lista da compra por correo electrónico, indicando o teu nome, número de teléfono e enderezo de correo electrónico; despois selecciona a opción “Enviar por correo electrónico” e mándao a [email protected]
  3. Chamámoste en menos de 24 h para fixar a cita. Un dos nosos colaboradores chamarate e xuntos acordaredes o día e a franxa horaria para que veñas recoller o teu pedido. É imprescindible, polo tanto, que nos mandes no correo o teu número de teléfono para que poidamos poñernos en contacto contigo.
  4. Recolle o teu pedido na tenda. Diríxete ao mostrador de Atención ao cliente situado xunto á saída da tenda. Alí poderás pagar o teu pedido e recollelo.

Fácil, non si? Grazas a este servizo, que ten un custo de 19 euros, poderás aproveitar ao máximo o teu día en Marineda City e rematar a túa visita en IKEA do xeito máis cómodo.