As experiencias más alucinantes esperante este verán en Marineda City!

Durante os meses de xullo, agosto e setembro poderás gozar das experiencias máis alucinantes nos tres simuladores de realidade virtual desenvolvidos pola empresa catalana Techvision 9D que recén incoporamos á nosa oferta de lecer.

Dentro dunhas futuristas cápsulas en movemento e con lentes en 9 dimensións, pequenos e maiores poderedes vos mergullar nunha nova realidade con vídeos de aventura, ciencia ficción e terror.

O sistema conta con son e movemento para facer a experiencia máis real e lograr unha inmersión total. Ademais, as lentes en 9 dimensións dan unha sensación de 360 grados, xa que grazas ao seu sensor de movemento a imaxe sincronízase e cambia cara a onde se dirixe a visión do usuario.

Poderás gozar desta experiencia inesquecible na planta 2 (xunto a 100 Montaditos) de luns a venres de 13h a 00h. E de luns a mércores, ¡2×1!