Atopa o regalo perfecto para el Día de la Madre

Arróupate, cóidate, quérete máis que ninguén e sempre che fai sentir especial. A túa é a mellor mamá e por iso merécese o mellor agasallo para o Día da Nai. Deportista, rockeira, intelectual, fan dos videoxogos, amante da moda, divertida, manitas… sexa como sexa, ¡seguro que en Marineda City atopas o regalo perfecto!

Só tes que dar unha volta polas nosas tendas e inspirarte nos nosos escaparates: máis de 180 marcas de moda, deportes, bricolaxe, decoración… E que mellor plan que pasar un día xuntos? Invítaa a comer, rétaa a unha carreira no karting, a unha partida de bolos ou compartide un xeado mentres vos poñedes ao día. ¡En Marineda City hai unha chea de opcións para pasalo ben!

Durante estes días en moitos dos nosos establecementos atoparedes promocións e actividades especiais para o Día da Nai: en Muerde la Pasta sortean comidas gratis e escapadas benestar. Ademais, todas as mamás que acudan cear cos seus fillos levan un divertido imán.

En Canadá House celébrano cun 15% en toda a colección (excepto básicos e continuidade) e o regalo dunha preciosa bolsa de tea do día da nai e un pack de rotuladores para que os peques poidan personalizala para a súa mamá (por compras superiores a 30€; de 28 de abril ao 6 de maio).

Pola súa banda, os compañeiros de IKEA celebran un taller para nenos de 4 a 10 anos no que poderán preparar un detalle súper especial para a súa mamá. Será o sábado 6 de maio ás 12h.

Recorda que podes consultar todas as promocións na nosa web (www.marinedacity.com/promocions) e na nosa app móbil.