Buscas un novo mellor amigo? Pasa polo centro de adopción de Kiwoco

Hoxe queremos falarvos do centro de adopción de Kiwoco, un espazo no que aqueles animais que non teñen fogar poden pasar unha tempada á espera de converterse no novo mellor amigo de alguén.

Se estás pensando en incorporar a novo membro á túa familia, non dubides en pasar pola tenda de Marineda City a coñecer a estes pequenos que che roubarán o corazón seguro. O que vedes na foto é un dos catro cachorros que agora mesmo están á espera de atopar un fogar. Tamén hai dúas encantadoras gatiñas.

Iso si, en Kiwoco apostan pola adopción responsable e, por iso, antes de levalos a casa faranche unha pequena entrevista persoal para se asegurar de que é unha decisión meditada: é importante que penses se tes espazo para ter un animal na casa e dispós de suficiente tempo libre para o coidar.

Así mesmo, deberás asinar un contrato no que te comprometes a coidar do animal adoptado e destinalo exclusivamente a animal de compañía. Tamén terás que pagar unha taxa de 95€ de adopción en concepto de garantía legal e sanitaria: pasaporte, microchip, desparasitación, alta no rexistro e vacina contra a rabia.

No caso de que non poidas facerte cargo dun animal pero queiras colaborar nesta iniciativa, podes poñer a túa graíño de area doando produtos para as protectoras de ONG’s locais: todo é benvido, pero sobre todo alimentación.