Celebrando a Emilia Pardo Bazán

Comenzaba amanecer, pero las primeras y vagas luces del alba a duras penas lograban colarse por las tortuosas curvas de la calle de los Gastros, cuando el señor Rosendo, el barquillero que disfrutaba de más parroquia y popularidad en Marineda, se asomó, abriendo a bostezos, a la puerta de su mezquino cuarto bajo.

            Emilia Pardo Bazán, La Tribuna.

En 1883 viu a luz “La Tribuna”, a novela de Emilia Pardo Bazán que bautizou A Coruña como Marineda. Máis dun século despois, en Marineda City queremos reivindicar a figura da autora a cuxa obra literaria debemos o noso nome. Con este obxectivo, unímonos á Real Academia Galega para celebrar unha velada de homenaxe á escritora coruñesa.

Inspirada nas veladas que Doña Emilia organizaba na súa casa da Rúa Tabernas, actual sede da Real Academia, a cita, que será o próximo 29 de setembro, combinará a lectura de textos da autora coa música do grupo De Vacas. A parte culinaria correrá a cargo da cociña de Iván Domínguez, do restaurante coruñés Alborada, distinguido cunha estrela Michelín, que ofrecerá unha reinterpretación das receitas da autora.

Premios literarios e fotográfico
Ademais, no marco deste acordo, que supón un paso máis no noso compromiso por impulsar a vida cultural da comunidade, poñeremos en marcha dous premios literarios e un premio de fotografía que evoquen e recreen A Coruña, a cidade natal de Emilia Pardo Bazán, cuxas bases dar a coñecer na velada do 29 de setembro.