Cinco consellos para un cambio de armario sen dramas

Chegou o momento; sabes que non podes pospoñelo máis. Aínda que o sol siga acompañándonos, xa é hora de lle facer oco á moda de outono. O cambio de armario é unha das tarefas que máis preguiza poden dar, salvo que sigas estes sinxelos consellos que che imos a dar. Benvidas mangas longas!

  • Libérate. É a ocasión perfecta para te desfacer dunha vez de pezas que levas varias tempadas sen poñer, xa non te gustan ou non te quedan ben. Non sufras; recicla ou doa: outra persoa pode darlles uso.
  • Se organizado. Coloca a roupa por categorías: tipos de pezas, cores e usos que lle dás. Podes facer grupos con todos os pantalóns, outro cos xerseis… E se tes moitos de cada, subdivide por cores. Darache unha idea do que tes e do que necesitas.
  • Coloca todo á vista. Unha camisola que non ves cando abres o armario é bastante probable que non a poñas. E non só a roupa que máis pos; tamén esas camisas, pantalóns ou saias que non adoitas lucir. ¡Nunca sabes cando pode chegar a inspiración!
  • Se dispós de tempo, aproveita para probar novas combinacións de pezas. Pódeste sorprender e, sobre todo, ¡divertirte!

E se o teu non é o estilismo, sempre podes botar man do servizo gratuíto de moda de Marineda City. No Vestidor tamén atoparás cada mes talleres que che permitirán coñecer os aspectos básicos da moda.