Catro estreas para a Festa do Cine

Vai apuntándo as pelis que queres ver este outono porque volve a Festa do Cine! Os días 16, 17 e 18 de outubro poderás ver todas as pelis que queiras por 2,90€ cada entrada. Para te axudar na tarefa, seleccionamos algunhas das estreas máis esperadas deste outono: ciencia ficción, terror, drama romántico, comedia… que che apetece?

Blade Runner 2049. A esperadísima secuela do clásico de Ridley Scott chegará á gran pantalla o 6 de outubro. Pasaron 30 anos desde os acontecementos ocorridos en 1982. O oficial K (Ryan Gosling), un blade runner caza-replicantes do Departamento de Policía de Los Ángeles, descobre un segredo que estivo enterrado durante moito tempo e que ten o potencial de levar á sociedade ao caos. A súa investigación conduciralle á procura do lendario Rick Deckard (Harrison Ford), un antigo blade runner en paradero descoñecido, que leva desaparecido 30 anos.

Annabelle: Creation. Os amantes do cine de terror teñen unha cita con Anabelle, a terrorífica boneca creada en 2014 por John R. Leonetti. A nova historia centrarase nun fabricante de bonecas e a súa esposa, cuxa filla morre tráxicamente. Vinte anos despois deciden abrir o seu fogar a unha monxa e varias nenas que se viron obrigadas a deixar un orfanato que pechou as súas portas. Pero cando unha das creacións do fabricante de bonecas, Annabelle, pon a súa mirada nos nenos, unha tormenta de terror desátase na casa.

A montaña entre nós. Entre o drama romántico e un filme de supervivencia, “A montaña entre nós”, adaptación do bestseller homónimo de Charles Martin, narra a historia de dous estraños que, tras sufrir un accidente de avión nos bosques de Colorado, veranse obrigados a depender o un do outro para sobrevivir. Protagonizada por Idris Elba e Kate Winslet.

Toc toc. Comedia española na que un grupo de pacientes con Trastorno Obsesivo Compulsivo coinciden na consulta dun prestixioso psicólogo. Pero o avión que trae ao doutor sofre un inesperado atraso, o que lles obriga a compartir unha interminable espera ata que o doutor apareza. Con Paco León, Rossy de Palma, Alexanda Jiménez, Óscar Martínez, Adrián Lastra, Nura Herrero e Inma Cuevas