Cinco propostas para celebrar o Día das Letras Galegas con nenos

10 de Maio de 2018

Achégase o Día das Letras Galegas e os compañeiros da libraría Santos Ochoa fannos cinco propostas para celebrar esta data cos pequenos e pequenas. Cinco propostas para soñar, cantar, bailar e desfrutar das nosas letras. ¡A por eles!

Pioneiras. Galegas que abriron camiño
Editorial: Xerais
Autora: Anair Rodríguez.
Ilustracións: Nuria Díaz.
Idade recomendada: A partir de 7 anos

Pioneiras conta con doce biografías de mulleres galegas que foron as primeiras en alcanzar diferentes logros. Nel podemos coñecer a Exeria, viaxeira incansable e a primeira muller escritora da Hispania romana; Isabel Zenda, a única muller encomendada para vacinar da varíola a poboación española nas colonias de América; Sofía Casanova, destacada cronista de conflitos armados; Marcela e Elisa, dúas mestras namoradas que, para poder casaren, unha delas fíxose pasar por un home; Irene González, primeira futbolista nun equipo masculino…  

Toc toc
Editorial: Galaxia
Autora: Pablo Díaz
Ilustracións: Nuria Díaz.
Idade recomendada: Todas as idades

A música para nenos nunca estivo máis en boga e este libro é unha gran mostra. Pablo Díaz permitiranos entrar nun mundo de felicidade a través deste libro-disco: só temos que petar “toc, toc” e abrirásenos a porta a el.

E haberá tirón de Orellas?
Editorial: Galaxia
Autora: María Victoria Moreno
Ilustracións: Carme Peris
Idade Recomendada: A partir de 5 anos.

Fermoso conto en verso da autora á que se lle dedica o día das Letras Galegas. A protagonista é unha cadela chamada Alma que escapa de casa, pasa un día fora no que se van describindo os diferente momentos do día e as aventuras que vive. A pesares de gozar da liberdade bota de menos a súa familia… Volverá á casa?

Feliz Feroz. O lobiño riquiño.
Editorial: Xerais
Autor: El Hematocrítico:
Ilustracións: Alberto Vázquez.
Idade recomendada: A partir de 6 anos.

Moito humor nesta noveliña para primeiros lectores. A irmá de Lobo Feroz está preocupadísima porque o seu fillo é de todo menos feroz. Para solucionar o problema lo lobiño que non tiña nada de feroz, deciden que pase o verán co seu tío. A pesares de que este pretende ensinarlle que os lobos non se dan bicos, e atemorizan as nenas que levan a merenda á súa avoa ou ouvean na noite para asustar aos veciños…  O lobo feroz remata aprendendo a parte boa da dozura e o agarimo. Unha fermosa lección para ensinarlle aos nenos que non se deixen levar polos estereotipos.

Muriel
Editorial: Xerais. Colección Merlín.
Autora: María Canosa.
Ilustracións: Lucía Cobo.
Idade recomendada: A partir de 9 anos.

Gañadora do Premio Merlin 2017, a novela narra a historia de Muriel, un neno que tras a perda da súa ávoa sufre o dolo. O rapaz alimentase dos recordos dos agarimos, das longas charlas, das apertas e do apoio… Mais tras pasar a dor acaba volvendo ver a luz ao coñecer ao raposo Fígaro, xunto ao que logra desfrutar do poder máxico da amizade.