Featured Video Play Icon

Cinco razóns polas que é bo aprender a programar

5 de Abril de 2016

Cada vez son máis os países que incorporan a programación aos seus programas educativos. E é que, segundo os expertos, aprender a programar contribúe a desenvolver habilidades do século XXI como o pensamento creativo, a capacidade para resolver problemas, ou a cultura da colaboración.

En Tech Academy for Kids & Teens, a nova escola de Marineda City, os máis pequenos achegaranse á robótica e a programación a través de linguaxes amigables como o scratch, videoxogos como Minecraft ou ferramentas como Makey Makey co fin de potenciar a súa imaxinación e capacidade de innovación.

  • Desenvolver a creatividad
    Aprender a programar desde a infancia supón un xeito diferente de expresar a creatividade, na que os nenos non só son consumidores de contido, senón tamén creadores. Así, os máis pequenos poderán crear algo novo desde cero: desde réplicas de cidades reais e imaxinarias, videoxogos, animaciones…
  • Promover a cultura de colaboración
    A través da programación é posible transmitir valores, como a importancia do traballo en equipo e a cultura colaborativa.
  • Potenciar a capacidade para resolver problemas
    A tecnoloxía contribúe a que os nenos desenvolvan habilidades do século XXI como o pensamento sistemático e aprendan novas formas de resolver problemas, dunha forma estructural e metódica pero tamén creativa e innovadora.
  • Aprender xogando
    As ferramentas utilizadas en Tech Academy permiten ver resultados inmediatos e relacionados con elementos que os nenos coñecen ben, como personaxes de debuxos animados (por exemplo, a Patrulla Canina), o que aporta un elemento de motivación extra. Así, a través do xogo os pequenos poderán desenvolver o seu potencial de innovación co impulso de calquera idea que se imaxinen para convertela nun proxecto tanxible.
  • O límite é a imaxinación
    Esta forma de aprendizaxe potencia a imaxinación permitindo aos nenos crear e modificar a súa contorna ao seu antollo. Por exemplo, Minecraft é un xogo de mundo aberto, o que significa que ofrece ao xogador a posibilidade de moverse libremente por un espazo virtual e alterar calquera elemento á súa vontade: así con el é posible construír desde casas ata cidades enteiras, como nunha sorte de Lego universal e infinito.

Se estás interesado en matricular aos teus fillos, pasa pola Tech Academy (planta 1 de Marineda City) ou chama ao 647 787 006 para te informar de horarios e tarifas. Ademais, todos os meses, dentro do noso programa Marineda Tech, haberá talleres especiais gratuitos para que todos os nenos podan achegarse a este apaixoante mundo.